A Pobra conta xa co seu primeiro parque canino

27 Marzo 2023

O Concello da Pobra do Caramiñal habilitou no paseo do Xobre, na contorna da praia canina, un novo servizo municipal que pon o foco nas mascotas da cidadanía e dos visitantes e na súa calidade de vida: o primeiro parque canino do termo municipal.

Consta dun circuíto de axilidade composto por seis xogos do cal poden desfrutar as mascotas e un peche perimetral para evitar que escapen. Tamén hai un taboleiro coas normas por seguir para facer un bo uso do espazo. A concelleira do Benestar Animal, Estefanía Ramos (Nós Pobra), explica que se construíu co remanente da Tesouraría de 2021, por un importe de 12 000 euros.

Doutra banda, o alcalde, Xosé Lois Piñeiro (Nós Pobra), apuntou que se lle dá así resposta a unha demanda veciñal que permite exercitar os cans ao tempo que establece un punto de encontro no cal poidan interactuar.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...