A piscina municipal de Boiro, homologada para realizar competicións deportivas

17 Marzo 2023

A Federación Galega de Natación (FEGAN) homologa a piscina de Boiro para a realización de probas oficiais. O alcalde, José Ramón Romero, e a concelleira de Deportes, Dores Torrado, visitaron as instalacións xunto co secretario xeral da Fegan, Ramón Mosquera, e o presidente do Club de
Natación, Rafa Pérez.
A instalación da pisicina muncipal, que leva funcionando máis de 20 anos, vén de ser homologada pola Federación para albergar competicións deportivas puntuables. “Era unha eiva deportiva moi importante xa que os nadadores e nadadoras tiñan que competir noutras instalacións deportivas e lograr esta homologación é un feito moi importante para a natación en Boiro”, afirmou a concelleira Dores Torrado.
O presidente do Club, Rafa Pérez, agradeceu o esforzo do Concello para lograr a homologación da instalación que “supón un feito histórico para un club que ten arredor de 100 nadadores en diversas categorías. A homologación da piscina vai supoñer unha maior visibilidade e un impulso ao deporte da
natación no municipio”.
O secretario xeral da Federación, Ramón Mosquera, afirmou que é moi importante poder contar cunha piscina máis para poder facer competicións xa que hai un déficit de instalacións que o permitan e “apoiar a un deporte e a un club con tanta forza vai facer que siga despegando e que siga medrando”.
O alcalde de Boiro, José Ramón Romero, mostrou a súa satisfacción coa homologación da piscina e co resultado final das actuacións acometidas nainstalación e recoñeceu que “temos que seguir traballando na mellora deste complexo deportivo, o seguinte paso é lograr a ampliación da instalación coa
creación dunhas salas multideporte e unhas gradas para a piscina que nos vai permitir poder levar a cabo máis actividades”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.