“A enerxía eólica mariña non é compatíbel coa pesca, pero consolida os intereses económicos de compañías alleas a Galicia” – Antón Luaces

06 Marzo 2023

Resposta á pregunta que formulamos onte no Barbanza: os proxectos de implantación da enerxía eólica mariña non son compatíbeis cos usos tradicionais da costa galega, co mantemento da actividade pesqueira ou coa preservación da biodiversidade dos ecosistemas mariños, tendo en conta que estes macropolígonos proxectados nos nosos caladoiros de pesca producen cambios na temperatura da auga, desprenden enerxía electromagnética e cambian as correntes mariñas. A  máis, a costa galega tamén é un santuario ecolóxico para os mamíferos mariños e as aves  ao pasaren por riba da costa galega, especialmente da Estaca de Bares, o embude migratorio das aves de maior importancia para Europa e para o mundo.

Non é este un invento meu, senón a conclusión que tiran de toda esta situación xerada polos Plans de Ordenación dos Espazos Mariños (POEM) e a súa aplicación nas costas galegas de máis de dous centos de entidades sociais do ámbito do ecoloxismo, o sindicalismo, os montes veciñais, as plataformas veciñais de afectados, e asociacións de veciños, entre outras, que expresan o seu apoio á Plataforma en Defensa da Pesca e os ecosistemas mariños, ao chamado Manifesto de Burela e á declaración realizada o pasado 1 de marzo desde a lonxa da Coruña.

A Coordinadora Eólica “Así non” fai seu o calendario de mobilizacións establecido e chama a participar na mobilización que o colectivo ten convocada na Coruña para o sábado 11 de marzo, de 12,00 a 13,00 horas, diante da delegación  do Goberno (praza de Ourense) en demanda da retirada do Real Decreto aprobado o pasado martes en Consello de Ministros, ao respecto da actividade pesqueira e aos ecosistemas e de traballar a todos os niveis para dispoñer da información máis axustada para acometer a ordenación dos espazos mariños.

Defenden unha Galicia libre de eólica mariña e a retirada polo Goberno do devandito POEM  porque ”a preservación dos caladoiros de pesca e dos corredores ecolóxicos están en perigo”.

Denuncian que o actual modelo de jmplantación de enerxías renovábeis “carece dun desenvolvemento ordenado, racional ou planificado, e non obedece ás necesidades do país nin respecta ás persoas nin o medio ambiente”.

Todo o dito confirma o xa relatado aquí e evidencia que para nada se contou co sector pesqueiro para determinar dunha vez que usos son os que van levar a cabo no mar cando -porque os afectados teñan que asumir, se non queda outra, o que planifican as compañías eólicas mariñas- estean instalados os aeroxeradores  e como estes van obrigar aos pesqueiros que naveguen -xa non digo pesquen- nas cuadrículas contempladas nos POEM a facer enormes percorridos, rodeando os polígonos, para saíren ou entraren  nos portos. O que implica atrasos e maiores consumos de combustíbel.

Este é o resultado dese reparto do mar que o ministerio para a Transición Ecolóxica planifica á marxe do sector da pesca.

Outros artigos

“Venezuela puede ser un ejemplo para el sanchismo”. Arturo Maneiro

Desde antes de las elecciones en Venezuela se han venidomanteniendo, en España, tesis sobre los posibles cambios derégimen en aquel país, todas ellas sin fundamento en la realidad.Porque se ha demostrado una vez más que los militares son los quemandan, son el poder...

+

“Melide, a de máis ovos” – Antón Luaces

Trataban os melidenses de gañar un título de honra: a vila coa maior tortilla española do mundo. E abofé que acadaron esta fin de semana o que con tanto afán perseguían. Todo, grazas a unha tortilla de seis metros de diámetro, 1.700 quilos de pataca, 30 quilos de sal,...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Sen un bo director, non hai orquestra”. Antón Luaces

“Sen un bo director, non hai orquestra”. Antón Luaces

O dito é ben certo. E no que atinxe ao mar, moito máis.  Galicia precisa, dende vai anos, un director/a xeral de Pesca que, as ordes dun conselleiro/a do Mar ou de Pesca, coordinen o labor que lles corresponden en concordancia co sector pesqueiro que, dende vai...