A Casa da Cultura Raquel Fernández Soler (A Pobra do Caramiñal) acubillará unha nova exposición. Nesta ocasión, será de tallas de madeira elaboradas por Juan Manuel Paz.
A inauguración terá lugar no 9 de febreiro, ás 20.00 horas, nun acto organizado pola Concellaría da Cultura, da cal é titular a edil Patricia Lojo (PSdeG-PSOE). A entrada é libre ata completa-la cabida.
Mariñeiro e albanel retirado, Juan Manuel Paz, máis coñecido como Sampi, dedica o seu tempo libre á arte de traballar a madeira. Con pouco máis ca a súa navalla, crea numerosas tallas relacionadas co mar e co agro; unha paixón pola artesanía que inculcou nas súas fillas, polo cal a mostra tamén recolle unha escolma de bonecas de trapo modeladas por Ana Paz.
