Un home tenta secuestrar a unha muller nun domicilio dá Avenida da Coruña, en Ribeira,

07 Febreiro 2023

Fontes policiais informaron, segundo recolle o Diario de Arousa, dun intento de secuestro a un muller en Ribeira, na noite deste luns 6 de febreiro. Foi na avenida da Coruña, no número 42, onde reside a persoa que foi vítima do secuestro finalmente frustrado e que, na tirapuxa coa persoa que tentou levala (supostamente un home novo, do que non transcendeu polo de agora máis información), puido resultar con mancaduras de diversa consideración.

Até o lugar desprazáronse varias patrullas da Policía Nacional tras recibir alerta do suceso, a piques de chegar á medianoite do luns. Nun primeiro intre non puideron acceder ao inmóbel por terllo impedido o suposto secuestrador, que lles bloqueou a porta de entrada á residencia. En consecuencia, os axentes solicitaron a intervención do Parque de Bombeiros de Ribeira, que procederon a permitir a entrada do fogar. Até o de agora non foi comunicada máis información sobre o suceso, máis alá da habilitación dun cordón de seguridade no portal do inmóbel e da detención do home que impediu o paso dos axentes, supostamente o autor da tentativa de secuestro.

Outros artigos

Ribeira acolle o evento deportivo Nada e Corre este 10 de decembro

O evento deportivo Nada e Corre, que consistirá nunha proba de natación e outra de carreira, terá lugar este domingo 10 de decembro do 2023 a partir das 10:00 no Complexo Deportivo Municipal A Fieiteira. Na proba poderán participar as categorías dende prebenxamín ata...

+

250 quilos de alimentos para entregar a Cáritas na Andaina Solidaria

Baixo a xenerosa man de Abraham Benítez Somoza, un voluntario sempre disposto a axudar, a parroquia de Carreira encheuse de solidariedade. Coa participación dun centenar de persoas e a colaboración desinteresada daqueles que apoian a Cáritas Ribeira, reuníronse máis...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Ideología, vs, pensamiento creativo”. Manuel Dominguez

“Ideología, vs, pensamiento creativo”. Manuel Dominguez

Cualquier parecido con la realidad es mera coincidencia Yo les sugiero que antes que yo hable, ellos se presenten. Uno me dice que en su juventud llegó a tener el libro rojo de Mao, fue trotskista, castrista, simpatizaba con LCR la Liga, admirador del Che, comunista,...

“O primeiro paso”. Luís Celeiro

“O primeiro paso”. Luís Celeiro

Os cregos din que o do compromiso a longo prazo e para sempre é o valor principal que outorga o casamento pola igrexa. María Mercedes da Orde, casada e divorciada varias veces, di, sen falar, sen levantar a voz, case como se escoitaramos o seu pensamento,“vaiche boa!...