Sábado con chuvascos nas primeiras horas con tempo seco a medida que avance o día

24 Febreiro 2023

O sábado a borrasca retírase cara ao norte de Portugal polo que quedaremos nunha situación intermedia entre altas e baixas presións. Así, o día quedará parcialmente nubrado con chuvascos máis frecuentes a primeiras horas e que irán diminuindo co avance do día. A cota de neve situarase nos 800-900 metros. As temperaturas experimentarán un lixeiro ascenso. O vento soprará frouxo de dirección variable.

O domingo Galicia recupera a influencia anticiclónica. Deste xeito, o ceo presentará nubes e claros con posibilidade de chuvascos ocasionais no norte de Lugo pola mañá. Néboas matinais en comarcas do interior. As temperaturas non terán cambios significativos. O vento soprará do nordés, forte en mar aberto na Costa da Morte.

meteogalicia

O noso mar: Vento variable, forza 1 a 2 á mañá e á tarde e 1 a 3 á noite. Mar rizado á mañá e á tarde e mar ovellado á noite. Visibilidade regular. Mar de fondo do norte á mañá e á tarde e noroeste á noite, con ondas de 0 a 1 metros.

Mareas


Muros
Hora*Altura
Baixamar01:100.7 m
Preamar07:303.6 m
Baixamar13:370.9 m
Preamar19:483.3 m
Vigo
Hora*Altura
Baixamar01:030.8 m
Preamar07:223.5 m
Baixamar13:300.9 m
Preamar19:433.2 m
Vilagarcía
Hora*Altura
Baixamar01:070.7 m
Preamar07:263.5 m
Baixamar13:330.9 m
Preamar19:463.2 m

Cámaras web da comarca  (algunha pode nun funcionar puntualmente)

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Eu tamén quixen bailar coma Javi” – Fernando Sarasketa

“Eu tamén quixen bailar coma Javi” – Fernando Sarasketa

Foto de Javi Bermúdez na Sala Real Acababa de chover e Javi empuxoume con firmesa coas dúas mans para poñerme debaixo dunha pingueira. Unha pinga conxelada caeu serteira no meu lombo pasando áxil a rentes da caluga e da camiseta, sen tocalas. “Agora xa sabes o que se...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.