Quico Cadaval participará na 9ª edición de Converxencias Portugal-Galicia, que homenaxeará a Rosalía en Braga, Ponteareas e Santiago

06 Febreiro 2023

A novena edición do festival cultural Converxencias Portugal-Galicia homenaxeará a Rosalía de Castro nas localidades de Braga (Portugal), Ponteareas e Santiago de Compostela a través da música, da danza, do teatro, do cine, dos faladoiros, da poesía, das exposicións e das visitas guiadas. Así o explicaron este luns 6 de febreiro o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, e o presidente da Fundación Rosalía de Castro, Anxo Angueira, na rolda de prensa onde se deu a coñecer a programación deste certame cultural promovido polo grupo Canto d’Aqui e o Centro de Estudos Galegos da Universidade do Minho, pertencente á Rede de Centros de Estudos Galegos e Lectorados da Xunta, co apoio da Fundación Rosalía de Castro, do concello de Ponteareas e da Rede da GaliLusofonía, entre outras entidades. O programa do festival contará coa presenza do escritor e narrador oral da nosa comarca, Quico Cadaval (Carreira, Ribeira, 1960).

García saudou un ano máis a realización deste festival cultural “enmarcado nas accións de desenvolvemento da coñecida como Lei Paz-Andrade para o aproveitamento da lingua portuguesa e vínculos coa lusofonía coa que a Xunta promove as relacións cos países de fala portuguesa”.

Canda Valentín García e Anxo Angueira tamén participaron no acto Miguel Bouzó, concelleiro de Mocidade e Deportes de Ponteareas; Carlos Pazos e Alberto Paz, responsábel e lector do Centro de Estudos Galegos da Universidade do Minho; Gonzalo Constenla, representante da Rede da GaliLusofonía, e Jaime Torres, representante de Canto d’Aqui.

Segundo fixeron saber, este certame cultural programa cada ano unha serie de actividades arredor da data de nacemento e de pasamento de Rosalía de Castro e do cantautor portugués José Afonso (Zeca Afonso), respectivamente, “estreitando os lazos que unen Portugal e Galicia e evidenciando as semellanzas entre as súas linguas e culturas”.

A programación, que reúne nomes soados como os do ribeirense Quico Cadaval, Iria Estévez, Pedro Jóia, Artur Caldeira ou Augusto Canário, entre outros, abrirase este venres 10 de febreiro en Braga, que acollerá a maior parte das actividades ata o día 24, e desenvolverase paralelamente no concello de Ponteareas ata poñer o broche final en Santiago de Compostela co concerto Tributo a Zeca Afonso e Rosalía de Castro, coa participación de Canto d´Aquí, Iria Estévez e Pedro Jóia, na Cidade da Cultura.

Outros artigos

Noia celebra un obradoiro básico e práctico de lingua galega

O Departamento de Normalización Lingüística do Concello de Noia pon en marcha unha nova actividade dirixida a persoas adultas interesadas en iniciarse no uso oral e escrito do galego: un obradoiro básico e práctico de lingua galega. A actividade formativa será de...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.