Política Social achegou 280.000 euros á mellora do Centro Sociocomunitario da Pobra

20 Febreiro 2023

A Consellería de Política Social compartiu máis detalles sobre as melloras aplicadas ao Centro Sociocomunitario da Pobra do Caramiñal, un proceso de posta a punto que mobilizou 282.000 euros, que incluíron, entre outras cousas, a substitución das carpintarías exteriores e do lucernario central e o fornecemento de protección nas xanelas.

A conselleira Fabiola García visitou recentemente as instalacións onde puido comprobar o resultado das actuacións levadas a cabo durante os últimos meses. García destacou que o obxectivo destas obras “foi garantir unha mellor calidade ao servizo, e que as persoas usuarias poidan seguir desfrutando das actividades que nel se realizan”.

Fabiola García visitou tamén a residencia de maiores pública autonómica da Pobra do Caramiñal, na que o Goberno galego acaba de investir 500.000 euros para a renovación da fachada e para mellorar a eficiencia enerxética das instalacións, así como a comodidade dos usuarios.

Máis servizos no Barbanza

Na comarca do Barbanza a Xunta ampliou recentemente as prazas públicas no Centro de Día da Pobra; continúase coa construción dunha nova residencia pública autonómica en Ribeira; o pasado ano inaugurouse o Punto de Encontro Familiar do Barbanza; e hai unhas semanas renovouse o financiamento da unidade de atención temperá, que lle dá servizo ás familias da Pobra, Ribeira e Boiro.

Outros artigos

Na Pobra, o Museo Valle-Inclán acolle a maqueta do Santa Isabel

Este venres, día 18 de setembro, tivo lugar na Sala de Iconografía do Museo Valle-Inclán a rolda de prensa para presentar a nova exposición temporal da maqueta do buque Santa Isabel, afundido o 2 de xaneiro de 1921 nas costas de Sálvora (Aguiño), e que poderá...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.