Os incendios forestais, a mocidade, o entroido ou a emigración, na mostra do Lustres Rivas co 16º premio Luís Ksado

03 Febreiro 2023

Un total de 65 instantáneas compoñen a nova exposición que dende este mediodía se pode exhibir no Centro Cultural Lustres Rivas de Ribeira e que está conformada pola colección gañadora e as finalistas do 16º Premio Luís Ksado de Creación Fotográfica que convoca a Deputación da Coruña.
A apertura da mostra tivo lugar a cargo da concelleira de Cultura, María Sampedro, quen deu as grazas á institución provincial por traer unha nova edición deste prestixioso certame, que nesta ocasión tivo
como traballo gañador á colección “Lume”, do fotoxornalista ourensán Brais Lorenzo, sobre os incendios forestais en Galicia.
Xunto a el seleccionáronse outros cinco finalistas como son Fuco Reyes, Sergi Cámara, Carlos Ximénez, Belén Lozano e Arturo Rodríguez, con temáticas como a mocidade, a inmigración, o Entroido, os paisaxes urbanos e a erupción do volcán de La Palma.
Entre os asistentes á apertura figuraba alumnado do programa de dinamización de persoas maiores que se imparten no centro.
Catálogo
A Concelleria de Cultura contará co catálogo da exposición para que os visitantes o consulten, ademais de agasallar aos centros educativos do municipio que o soliciten enviando un correo electrónico ao enderezo culturaefestexos@ribeira.gal. A mostra estará aberta durante todo o mes de febreiro.

Outros artigos

Detido en Boiro un home por venda de cocaína

A Garda Civil do Posto Principal de Boiro detivo a un veciño da localidade como presunto autor dun delito contra a saúde pública tras ser sorprendido vendendo cocaína na vía pública. A investigación iniciouse grazas a comunicacións anónimas recibidas, que alertaban...

+

A OPP83 celebra este venres a III Xornada de Pesca de Ribeira

A Sociedade Cooperativa Galega do Mar Santa Uxía organiza este venres 20 de setembro unha nova edición da súa Xornada de Pesca de Ribeira e faino coa finalidade de “tratar temáticas de gran interese para o sector pesqueiro”. A cita desenvolverase entre as 10.00 horas...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Eu vi a árvore chorar” – Manuel Domínguez

“Eu vi a árvore chorar” – Manuel Domínguez

Eu vi a árvore chorar. Em honra da verdade choramos juntos. E entre lágrimas e balbucios de palavras, mesmo entendendo porque ele estava chorando, perguntei a ele. Ele não estava chorando pela fruta perdida, podiam ser maçãs, laranjas, neste caso eram pinhas, pinhas...