Os Coidados Porta A Porta para persoas maiores chegan a Porto do Son o día 1 de marzo

08 Febreiro 2023

O Concello de Porto do Son vai acoller a comezos de marzo o servizo itinerante Coidados Porta A Porta, impulsado pola Xunta para “ofrecer consultas de audioloxía, podoloxía e estimulación da memoria de xeito gratuíto á poboación maior de 55 anos”. As veciñas e os veciños de Porto do Son contarán con este servizo do 1 ao 3 de marzo na fachada marítima da vila.

Os servizos que se prestarán son:

-Estimulación da memoria cognitiva e funcional, promoción de hábitos de vida saudábeis e de envellecemento activo.

-Podoloxía. Corte e limpeza de unllas, eliminación de durezas.

-Audioloxía. Exploración do oído, prevención da perda auditiva.

Para gozar destes servizos deben concertar cita previa a través das seguintes canles:

622 748 283 – 623 546 992

coidadosportaaporta.politicasocial@xunta.gal

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.