O Concello da Pobra incrementa as prestacións do local municipal de ensaio

09 Febreiro 2023

O Concello da Pobra do Caramiñal renovou parte do material do local de ensaio situado no Camiño Ancho, ademais de actualizar o estudio de gravación. Para tal fin, adquiriuse novo equipamento: micrófonos, auriculares, soportes…

O investimento achégase aos 5 000 euros e busca, nas palabras do concelleiro da Mocidade, José Andrés Lojo (Nós Pobra), apoiar a creación artística e incorporar as propostas efectuadas polas persoas usuarias nunha asemblea. Neste senso tamén se pronunciou a concelleira dos Servizos Municipais, Estefanía Ramos (Nós Pobra), quen ratificou o compromiso da Administración local coas distintas agrupacións que fan uso da instalación: Caras B, Moito!, música tradicional, coro…

Segundo lembraron os concelleiros, para facer uso deste local é preciso cubrir a solicitude pertinente no Consistorio e efectuar a reserva para ensaiar cando sexa necesario.

Outros artigos

O BNG esixe “celeridade” para rematar as obras de Palmeira

A deputada do BNG no Parlamento de Galiza, Rosana Pérez, trasladou en comisión parlamentaria a preocupación existente pola paralización das obras de humanización da estrada AC-305 ao seu paso pola parroquia de Palmeira, no concello de Ribeira. Fíxoo a través dunha...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...