A Asemblea Veciñal de Nós Pobra, ao abeiro do seu obxectivo de facer “un programa electoral que xurda das preocupacións, suxestións e ideas das veciñas e veciños da nosa vila”, anunciou a vindeira convocatoria de novos encontros coa cidadanía e sectoriais para a recollida de iniciativas populares así como tamén a través do correo electrónico nospobra@gmail.com. “Compartiremos e debateremos sobre todas as materias que competan a nosa administración local, fundamentando a participación veciñal nun proceso aberto a toda a cidadanía”, explican dende Nós Pobra, engadindo que as xeiras asemblearias de traballo dará comezo este xoves 16 de febreiro as 20:00 horas no centro sociocultural da Ribeiriña, e consecutivamente no resto do municipio.




