Esta foi unha semana de incorporacións de axentes aos corpos da Policía Local dos nosos concellos logo da formación específica na AGASP que culminou este luns. No caso de Porto do Son, o alcalde Luis Oujo, e o concelleiro de Emprego, Manel Deán, acudiron este luns 13 de febreiro á graduación da catorce promoción de Policía Local de Galicia, na que se diplomaron un total de 3 axentes de Porto do Son.
O acto celebrouse no salón de actos da Academia Galega de Seguridad Pública (AGASP), na Estrada. Ao día seguinte tomaron posesión como integrantes oficiais do corpo da Policía Local.




