Dous canóns e tres cargadores de bronce recuperados en augas de Corrubedo

03 Febreiro 2023
Foto Armada Española

Tal como recollemos en obarbanza.gal uns mariscadores pertencentes á confraría de Aguiño localizaron fai un par de anos os canóns e enseguida púxose en marcha un operativo para recuperalos. Este xoves, un equipo formado por unha ducia de mergulladores, pertencentes á Armada e á Policía Autonómica, e apoiados por especialistas da Dirección Xeral de Patrimonio, regresaron ao lugar e recuperaron outros dous canóns, duns 140 centímetros de lonxitude e 60 quilos de peso, e tres cargadores.
Estas cinco pezas foran localizadas xa nas inmersións efectuadas no 2021, pero a súa recuperación foise pospoñendo por diferentes motivos. Os mergulladores confirmaron o xoves que non se produciu espolio algún na zona e todos os restos que fosen identificados no pasado seguían no lugar. Todo indica que a actuación se completará hoxe coa realización dun rastrexo, por parte dos mergulladores, para tratar de localizar novos restos.

Foto Armada Española

As cinco pezas de artillería recuperadas foron trasladadas á sede ferrolá da Armada para o seu exame e catalogación. Logo está previsto que pasen a engrosar os fondos do Museo do Mar de Vigo, tal e como sucedeu cos canóns reflotados no 2021.

As pezas foron recuperadas pola #UnidadDeBuceo de Ferrol, en colaboración de mergulladores do@upagalicia e o Servicio de Patrimonio Arqueolóxico da Xunta. Recuperaronse 2 esmeriles de 1’4 metros e calibre 40mm, e 3 servidores de alcuza en inmediacións de Corrubedo que foron levados o peirao de Aguiño.

Foto Armada Española

En abril do 2021 en augas do litoral de Corrubedo recuperaronse dous canóns de bronce, aos que posteriormente se sumou un terceiro que fora expoliado, este xoves despregouse novamente un dispositivo no mesmo punto, que concluíu co rescate doutros dous canóns e tres cargadores de pólvora. Os canons levaban o escudo da Casa dos Austrias polo que se deduciu que os restos pertencen á Armada Invencible que de regreeso á España uns 25 afundíronse entre Fisterra e Corrubedo pero ata o 2021 só foran localizados os restos de sete deles.

Foto Armada Española

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.