Dodro celebra este 23 de febreiro o Día de Rosalía cun completo programa de actividades literarias, gastronómicas e conmemorativas

22 Febreiro 2023

Un ano máis, o 23 de febreiro conmemórase o Día de Rosalía, data de nacemento da autora galega máis representativa da nosa literatura e, sen lugar a dúbidas, figura referencial do movemento feminista. Entre os concellos da nosa comarca que máis esforzos está a despregar para reivindicala atópase novamente o de Dodro, un territorio fortemente vencellado á vida e á obra da autora de Follas novas. No programa de actividades previstas inclúese un ano máis unha celebración literario-gastronómica, na que participan establecementos hostaleiros de Dodro colaborando mediante as iniciativas Café con Verso e Caldo de Gloria. Trátase dos seguintes locais: Casa Buela (Imo), Café Bar da Silva (Tallós), Casa Pancho (Igrexa de Dodro), Cafetería Caprichos (Lestrobe) e Pazo de Lestrobe.

O Concello de Dodro contará co apoio da Fundación Rosalía de Castro durante o desenvolvemento desta programación, que estará representada polo seu presidente, o escritor local Anxo Angueira.

A iniciativa Café con Verso consiste no agasallo (con cada café) dunha tarxeta coa imaxe e con versos escollidos da poeta.

Polo que respecta ao Caldo de Gloria, consiste en achegar aos clientes, con cada consumición, unha degustación dunha tapa de caldo inspirado no poema de Rosalía de Castro Miña casiña, meu lar.

Ademais, o xoves 23 de febreiro, ás 18.00 horas, o Pazo de Lestrobe acollerá o espectáculo de Quinquilláns Teatro A pluma viva de Rosalía, unha actuación pertencente ao Programa Rede Cultural 2022 da Deputación da Coruña. Ao remate o público poderá degustar un Caldo de Gloria.

Ademais, en colaboración co Centro Rural Agrupado de Dodro (CRA), nas estradas de acceso aos colexios realizaranse pintadas con versos de Rosalía de Castro.

A todo o devandito súmase o recente nomeamento de Rosalía como Filla Adoptiva do concello de Dodro. O acto de entrega do título honorífico a título póstumo celebrouse no auditorio da Casa-Museo de Rosalía de Castro en Padrón. A distinción foi acordada polo pleno da Corporación municipal de Dodro, o 11 de agosto de 2022, como recoñecemento tanto á súa relevancia literaria e cultural como á contribución á promoción e notoriedade de Dodro.

Outros artigos

Terbutalina presenta este venres “Era Cabra” na Sala Malatesta

Este venres día 8 de decembro, a partires das 21 h, celebrarase en Santiago, na Sala Malatesta, unha festa con empanada, vinilos, camisetas e moito rock. Así presentan a banda muradá (de Esteiro) Terbutalina a súa posta de largo de Era Cabra en Compostela. A piques de...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Ideología, vs, pensamiento creativo”. Manuel Dominguez

“Ideología, vs, pensamiento creativo”. Manuel Dominguez

Cualquier parecido con la realidad es mera coincidencia Yo les sugiero que antes que yo hable, ellos se presenten. Uno me dice que en su juventud llegó a tener el libro rojo de Mao, fue trotskista, castrista, simpatizaba con LCR la Liga, admirador del Che, comunista,...

“O primeiro paso”. Luís Celeiro

“O primeiro paso”. Luís Celeiro

Os cregos din que o do compromiso a longo prazo e para sempre é o valor principal que outorga o casamento pola igrexa. María Mercedes da Orde, casada e divorciada varias veces, di, sen falar, sen levantar a voz, case como se escoitaramos o seu pensamento,“vaiche boa!...