Convocada en Ribeira a 6ª edición do ciclo da USC Camiños de Coñecemento e Experiencia

13 Febreiro 2023

O Concello de Ribeira informa de que mañá martes abrirá o prazo de matrícula do ciclo de conferencias Camiños de coñecemento e experiencia, unha iniciativa que recala por sexta vez no municipio da man da Universidade de Santiago e que está destinado a persoas maiores de 50 anos coa intención de estender o quefacer universitario a esta franxa de poboación.

Desenvolverase os días 1, 2, 8,9, 15 e 16 de marzo en horario de 18.30 a 20.00 h no Centro Cultural Lustres Rivas. A matrícula estará aberta ata o 24 de febreiro, podéndose formalizar enviando un correo co nome e apelidos, nº de DNI e teléfono de contacto a normalizacion@ribeira.gal ou por teléfono de 9 a 14 horas de luns a venres no 981 835 650.

Programación

01/03/2023 18:30-20:00h
Seminario: Idadismo: desterrando prexuízos.

Dna. Nieves Rodríguez Solar, Socióloga e Xerontóloga social. Colaboradora
do Programa Universitario de Maiores, IV Ciclo da USC

02/03/2023 18:30-20:00h
Sesión práctica: Idadismo: desterrando prexuízos.

Dna. Nieves Rodríguez Solar, Socióloga e Xerontóloga social. Colaboradora
do Programa Universitario de Maiores, IV Ciclo da USC

08/03/2023 18:30-20:00h
Seminario: A importancia de ver ben en todas as etapas da vida.

Dna. Mª Jesús Giráldez Fernández. Dra. en Óptica e Optometría.
Dna. Mª Covadonga Vázquez Sánchez. Dra. en Óptica e Optometría.
D. Carlos García Resúa. Dr. en Óptica e Optometría.
Docentes do Programa Universitario de Maiores, da USC

09/03/2023 18:30-20:00h
Sesión práctica: A importancia de ver ben en todas as etapas da vida.

Dna. Mª Jesús Giráldez Fernández. Dra. en Óptica e Optometría.
Dna. Mª Covadonga Vázquez Sánchez. Dra. en Óptica e Optometría.
D. Carlos García Resúa. Dr. en Óptica e Optometría.
Docentes do Programa Universitario de Maiores, da USC

15/03/2023 18:30-20:00h
Seminario: Moda, arte e historia: unha lectura diferente do patrimonio galego.

Dna Mónica Rey Cabezudo, Dra. en Historia del Arte. Colaboradora do Programa
Universitario para Maiores, IV CICLO da USC

16/03/2023 18:30-20:00h
Visita ao Castro da Cidá.

Dna Mónica Rey Cabezudo, Dra. en Historia del Arte. Colaboradora do Programa
Universitario para Maiores, IV CICLO da USC.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Ti, morena, quen es?”. Luís Celeiro

“Ti, morena, quen es?”. Luís Celeiro

Son eu, señor capitán deste navío mercante! Eu son unha muller de mundo, ando polo mundo senrumbo e sen sosego. Estou embarcada neste buque e quero saber para onde imos, cantos e cantassomos, como viviremos o que nos queda de mar e quen seremos ao regresar á terra, se...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.