Concello, Veciños da Boliña e Peñas Boiro xuntan forzas para achegar unha completa axenda local do Entroido

01 Febreiro 2023

O Entroido 2023 de Boiro fará historia pola cantidade, a calidade e a variedade das propostas, e tamén polo importante número de entidades e veciños implicadas/os na organización, todas achegando o seu importante gran de area. O programa, elaborado polo Concello, a Asociación de Veciños da Boliña e a Asociación Cultural Peñas Boiro, foi presentado este 1 de febreiro pola concelleira de Cultura, María Outeiral e os representantes das ditas asociacións: Alfonso Alcalde e David Boga, respectivamente.

Segundo explicaron, as actividades do Entroido 2023 comezan o sábado día 18 de febreiro coa celebración da XIV Festa da Orella de Porco e outros produtos típicos do Entroido que organiza a Asociación de Veciños da Boliña. “Contaremos con animación musical e outras actividades, así como prevemos 700 racións de orella de porco e outros doces e produtos típicos do entroido”, afirmou Alfonso Alcalde.

As actividades, que terán lugar na Boliña no Campo de Revelar, comezarán ás 19.00 horas e contarán coas actuacións do Dúo Charada e o Dúo Rosán, pintacaras, photocall… e haberá carpa. Os festexos o sábado 18 de febreiro continúan na praza de Galicia con discomóbil a partir das 23.00 horas a cargo da Asociación Peñas Boiro.

O domingo día 19, a partir das 17.00 horas, celebrarase o tradicional desfile infantil pola rúa Peonil que sairá da praza da Mancomunidade até a praza de Galicia. Ás 18.00h na praza do Concello haberá festa infantil con DJ Matrek.

O luns 20 de febreiro ás 10.30h no Centro Social de Cabo de Cruz haberá obradoiros de Entroido. Ás 18.00 horas a paza do Concello dará acollida a unha actuación de Peter Punk para público infantil. A partir das 22.30 horas, organizada por Peñas Boiro, haberá festa do Entroido coa orquestra La Fórmula e discomóbil. “Dende Peñas Boiro queremos facer actividades mais alá dos propios días das festas do verán e este ano participamos tamén no Entroido, realizando actividades que dinamicen o municipio aproveitando os festivos”, recoñeceu o membro da directiva, David Boga.

O martes de Entroido, festivo local, levarase a cabo o tradicional concurso e desfile de Entroido que sairá ás 18.00 horas da praza de Galicia e fará un percorrido pola rúa peonil e a rúa Principal para volver á praza de Galicia onde se fará entrega dos premios e haberá festa infantil con DJ Matrek.

O mércores haberá unha nova sesión de obradoiros no Centro Social de Cabo de Cruz a partir das 10.30 horas para nenos e nenas.

“Este ano temos unha programación de Entroido moi completa, con propostas e actividades para todas as idades que xorden das sinerxías tan importantes entre entidades e asociacións e o Concello”, recoñeceu a concelleira de Cultura, María Outeiral.

A programación do Entroido continúa a fin de semana seguinte. Así, o sábado 25 haberá un obradoiro infantil na Biblioteca Municipal de Boiro a partir das 12.00 horas e, pola tarde, festa do Felipiño en Escarabote.

O domingo 26 celebraranse os tradicionais enterros nas distintas parroquias: Farruco en Cabo de Cruz, Cunca de Praia Xardín, o Óso de Abanqueiro e o Felipiño de Escarabote.

Coma en anos anteriores, o Concello de Boiro poñerá un tren e animación musical con gaiteiros que percorrerá todos os enterros.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.