A décima BTT Concello de Rianxo celébrase o 12 de febreiro con tres rutas de 32, 50 e 72 quilómetros

03 Febreiro 2023

Este venres 3 de febreiro presentáronse os detalles da X proba da BTT Concello de Rianxo. Participaron Adolfo Muíños, alcalde de Rianxo, e José Manuel Chouza, presidente da PC Castro Barbudo. Segundo fixeron saber, a décima convocatoria da marcha rianxeira celebrarase o domingo 12 de febreiro, con saída e chegada no porto de Rianxo. A proba percorrerá os camiños e montes do termo municipal, entrando tamén nos de Dodro, Lousame e Rois. A proba está organizada pola Peña Cicloturista Castro Barbudo e polo servizo de deportes do Concello de Rianxo.

Trátase dun evento deportivo non competitivo en bicicleta de montaña, dividida en función da dificultade, en tres rutas (curta – 32 km), (media – 50 km) e (longa – 72 km).

De xeito simultáneo á proba BTT desenvolverase a VI Andaina Concello de Rianxo, de 20 km.

Agardase a participación de 600/700 deportistas.

Inscrición: ata o mércores, 8 de febreiro ás 23:59 h. en emesports (tanto a BTT como a Andaina).

O importe será de 20 euros.

Horario estimado: 9 a 15 h.

Saída e chegada: porto de Rianxo

Modalidade: evento deportivo non federado.

Categoría: maiores 18 anos (14 a 17 anos con autorización).

Programa

8:00 h. Recollida de dorsais

9:00 h. Saída das marchas do porto de Rianxo

11:00 h. 1º Corte – Ruta Curta 32 km.

11:45 h. 2º Corte – Ruta Media 50 km.

15:00 h. Hora estimada da chegada dos últimos participantes.

Outros artigos

Este sábado celébrase o Día da Bicicleta en Esteiro

Este sábado 19 de setembro a Área Recreativa do Artón en Esteiro acolle o Día da Bicicleta, organizada pola Asociación Os Salta Rejos de Esteiro coa colaboración do Concello de Muros. As actividades comezarán ás 10:30 horas cunha xincana. Ás 11:30 horas ruta ata...

+

Noia ponse en marcha contra o cancro este sábado 19 de setembro

Este sábado 19 de setembro, Noia volverá camiñar unida por unha boa causa coa celebración da andaina solidaria Noia en marcha contra o cancro, organizada pola delegación local da Asociación Española Contra o Cancro A Coruña (AECC). A saída será ás 17:00 horas desde a...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.