A Pobra inicia as actividades grupais do Programa Integrado de Emprego co-impulsado con Boiro

13 Febreiro 2023

O Programa Integrado de Emprego para o período 2022/2023 que impulsan as administracións locais de Boiro e da Pobra do Caramiñal comezou xa nesta última localidade coas actividades grupais. A concelleira do Desenvolvemento Local, Amparo Cerecedo (BNG), achegouse na semana pasada para saudar ás participantes na sesión de adestramento profesional (coaching) para a busca de emprego.

Subvencionado pola Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade, o programa está dirixido a cen mulleres demandantes de emprego dos concellos da Pobra do Caramiñal, Boiro, Rianxo e Ribeira. Deberase acadar un 45% de inserción laboral.

O proxecto ten unha duración de doce meses e divídese en catro módulos: administración, mercadotecnia (marketing) e atención á clientela, alimentación e almacén. Inclúe tamén unha etapa de prospección empresarial.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...