A Pobra impulsa un espazo activo de lecer para persoas con problemas de saúde mental

15 Febreiro 2023

Co reto de “crear comunidade”, a Concellaría dos Servizos Sociais da Pobra do Caramiñal lanzou un programa para a promoción da autonomía persoal e apoio a persoas adultas con problemas de saúde mental. Baixo o título Espazo Activa O Teu Lecer, realizaranse coa asociación A Creba diferentes actividades de lecer e xestión do tempo libre. A concelleira dos Servizos Sociais, Amparo Cerecedo (BNG), explica que se traballará no plano sociocultural, deportivo, cognitivo e das novas tecnoloxías. Ademais, cada mes efectuarase unha saída cultural.

Esta iniciativa funcionará a partir do mes de marzo; concretamente, ós martes e ós venres, en horario de mañá. En representación de A Creba, a psicóloga, Montse Vila, acompañada da educadora, Nereida Rivero, incide nos beneficios no aspecto físico, no social e no psicolóxico que terá este espazo de encontro nas persoas participantes.

Ofértase un total de 10 prazas e as inscricións formalizaranse no local dos Servizos Sociais e da Igualdade, fronte á Casa Consistorial. Se ben este programa ten carácter grupal, tamén se adaptará ás necesidades individuais detectadas.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Ti, morena, quen es?”. Luís Celeiro

“Ti, morena, quen es?”. Luís Celeiro

Son eu, señor capitán deste navío mercante! Eu son unha muller de mundo, ando polo mundo senrumbo e sen sosego. Estou embarcada neste buque e quero saber para onde imos, cantos e cantassomos, como viviremos o que nos queda de mar e quen seremos ao regresar á terra, se...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.