A empresa da Pobra Ecoplas Barbanza vai poder incrementar a súa presenza internacional coa axuda de Galicia Avanza

20 Febreiro 2023

A firma Ecoplas Barbanza, empresa innovadora da Pobra do Caramiñal adicada á fabricación de mobiliario e produtos de deseño sustentábeis a partir do plástico reciclado (moito del procedente das actividades relacionadas coa pesca e o marisqueo), atópase entre as iniciativas beneficiadas polo programa de aceleración para a internacionalización de pemes galegas Galicia Avanza, posto en marcha en 2022 da man de GAIN (Axencia Galega de Innovación), o IGAPE (Instituto Galego de Promoción Económica) a Tecnópole (Parque Tecnolóxico de Galicia. Grazas á súa participación en Galicia Avanza, Ecoplas Barbanza poderá incrementar a súa presenza noutros mercados.

Primeira edición de Galicia Avanza

Na primeira convocatoria de Galicia Avanza, que vén de rematar, participaron 30 pemes innovadoras e/ou de base tecnolóxica de toda a comunidade. Xa está en marcha a segunda convocatoria do programa, á que poden acceder outras 30 pemes. O prazo para presentar as solicitudes á aceleradora remata o 28 de febreiro e deberá realizarse a través da web de seu.

Durante os oito meses de duración do programa, traballouse na saída ao mercado exterior das empresas e tamén na consolidación internacional das que xa tiñan experiencia neste eido, abríndolles novos mercados ou accedendo a novos segmentos de clientes. Axudóuselles a mellorar a súa estratexia comercial internacional, avanzouse na protección das súas marcas e deseños industriais ou intelectuais e na detección de posíbeis colaboracións con outras empresas. Un dos ámbitos fundamentais de traballo foi, tamén, o ámbito da nova comunicación: a tecnolóxica (redes sociais, Internet, nova mercadotecnia, novos formatos).

Das 30 pemes participantes na primeira edición, unha é da Pobra do Caramiñal. Trátase de Ecoplas Barbanza, que nace en 2005, focalizándose primeiro na fabricación de mallas extruídas destinadas principalmente ao cultivo e envasado de marisco. Nestes anos logrou entrar no mercado europeo e en breve farao no norteamericano. Segundo explican dende GAIN, IGAPE e a Tecnópole, en 2020 e 2021 as mallas biodegradábeis e compostábeis supuxeron entre o 10 e 15% da súa facturación, ao redor do 90% en Centroeuropa. A empresa foi incrementando as súas cifras ano tras ano, case triplicando o volume de exportación desde 2018 a 2021.

Nestes intres buscan os responsábeis de Ecoplas impulsar a internacionalización da súa gama Netcycle, mobiliario e produtos de deseño sustentábeis e funcionais creados a partir de plástico reciclado; en particular nos países do norte de Europa como Bélxica, Holanda, Alemaña, Dinamarca…, por tratarse de sociedades máis comprometidas co medio e co deseño de vangarda.

O plástico que usan na fabricación destes produtos procede tanto dos desperdicios que xera a empresa nos seus procesos produtivos como doutras empresas. O produto é, ao mesmo tempo, un material de construción, de xeito que pode empregarse na creación de espazos interiores ou stands para feiras, mesmo como material illante para fachadas.

Outros artigos

Medio Rural dá por extinguido o incendio de Ribasieira

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou extinguido ás 19,11 horas de hoxe, xoves 24 de setembro. Como lembraremos, o lume iniciouse ás 14,42 horas do pasado luns e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.