A Deputación destina 3 millóns de euros para apoiar as entidades sociais da provincia

08 Febreiro 2023

A Deputación da Coruña destina este ano 3 millóns de euros para apoiar ás entidades sociais da provincia no mantemento dos seus centros, programas e servizos, así como para dar apoio a novos investimentos, a adquisición de vehículos adaptados e programas en materia de igualdade de xénero e loita contra a violencia machista.

O Boletín Oficial da Provincia (BOP) vén de publicar as bases reguladoras das catro liñas de axudas coas que a institución provincial promove e apoia o traballo que se realiza desde as entidades sociais.

Segundo explicou o presidente da Deputación, Valentín González Formoso, estas axudas continúan o apoio que vén prestando o organismo provincial ao tecido de asociacións sociais provincia da Coruña, que o ano pasado chegaron a 273 entidades.

O obxectivo, apunta o presidente, “é impulsar e manter proxectos nos ámbitos da infancia, familia e mocidade; maiores; as persoas con diversidade funcional; drogodependentes e persoas con trastornos aditivos ou que se poida atopar en situación de risco de exclusión”, manifestou.

A deputada de Benestar Social, Ana Lamas, afirma que esta “importante aposta social da Deputación tenta situar ás persoas no centro das nosas políticas para que ninguén quede atrás. Apoiar ás persoas e familias máis vulnerables e darlles un espazo no que continuar desenvolvéndose para mellorar as súas condicións de vida e acceder a novas oportunidades, sempre en igualdade”.

800.000 euros para o mantemento de centros de servizos sociais no ano 2023

Un dos programas provinciais, o denominado FOAXE-C/2023 dedicará 800.000 euros ao mantemento de centros sociais da provincia, financiando con este orzamento salarios de traballadores, transporte, adquisición de equipamento e material, provisións e seguros, entre outros.  As contías a percibir oscilarán entre un mínimo de 10.000 e un máximo de 120.000 euros e permitirán desenvolver os centros de menores e de atención á infancia; ludotecas; residencias de maiores; centros de atención diurna e nocturna; vivendas de apoio; apartamentos tutelados; centros ocupacionais, de rehabilitación psicosocial e laboral; unidades asistenciais e terapéuticas; centros de tratamento do alcoholismo; bancos de alimentos; albergues; ou comedores sociais.

800.000 euros para o mantemento de programas e servizos

Noutra das axudas, a denominada como FOAXE-P, a Deputación inclúe un investimento de 800.000 euros para mellorar a implementación de programas e servizos no eido. As cifras das achegas irán dun mínimo de 1.000 a un máximo de 60.000 euros e permitirán financiar a compra de bens, transporte, seguros, aloxamento e manutención.

Achegas que permitirán o desenvolvemento de programas de transporte adaptado; de rehabilitación; de eliminación de barreiras para persoas con diversidade funcional; deactividades de respiro familiar; de programas de acompañamento e mellora da empregabilidade ede inserción laboral con accións prelaborais de capacitación e acompañamento; ou de atención psicosocial e intervención socioeducativa dirixidos a menores en situación de risco ou conflito social.

Así mesmo, o investimento dará apoio a programas dirixidos a persoas drogodepententes ou con trastornos aditivos con actividades de tratamento terapéutico, rehabilitación e inserción social; apoio ás familias e para prevención no colectivo de menores e mocidade ou de inserción laboral que conten con accións prelaborais, de capacitación e acompañamento. Por outra banda, colaborarase tamén con accións dirixidas a minorías étnicas e inmigración para as súa integración sociolaboral.

700.000 euros para investimentos

Outra das liñas de axudas, o FOIE/2023, permitirá ás asociacións realizar investimentos como na adquisición das aplicacións informáticas, construcións, maquinaria, ferramentas, mobiliario, equipos para procesos de información ou outro material son os elementos que se financiarán con cargo a esta liña de axudas. As contías poderán ir dun mínimo de 750 euros a un máximo de 200.000.

500.000 para programas sociosanitarios

A liña FOCVAA reserva medio millón de euros para apoiar ás entidades sociais na creación e mantemento de programas sociosanitarios, con achegas que poden ser entre 1.000 € e 40.000 €.

O programa permite financiar programas dirixidos a persoas enfermas, xeralmente crónicas, así como as súas familias. Inclúense programas de rehabilitación, apoio psicolóxico ou información e asesoramento.

200.000 euros para adquisición de vehículos

Continuando coa política de axudas da Deputación os últimos anos destaca a FOIEV, dotada con 200.000 euros e destinada a adquisición e cesión de vehículos para as entidades sociais da provincia. As entidade poderán solicitar só unha das seguintes tipoloxías de vehículos, furgón  de carga,  furgoneta de 9 prazas, furgoneta de 9 prazas con plataforma eléctrica para cadeira de rodas e banzo eléctrico porta lateral dereita, furgoneta de 9 prazas con plataforma eléctrica para cadeira de rodas e porta lateral esquerda ou un Minibús 18 prazas.

Presentación de solicitudes

As achegas financiarán do 20 ao 80% dos gastos e as solicitudes poderán presentarse de forma telemática a través da plataforma Subtel (na páxina web https://sede.dacoruna.gal/Subtel/).

A concesión das subvencións basearanse en criterios obxectivos establecidos nas bases, como número de usuarios, antigüidade da entidade, concellos nos que presta servizo, recursos humanos e materiais, calidade técnica do proxecto, transversalidade de xénero ou estabilidade e continuidade do programa.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Xúbilo de xubilado”. Xulio Xiz

“Xúbilo de xubilado”. Xulio Xiz

En tempos, o Servizo Militar era para os rapaces, mais ca oportunidade de ver mundo e cerimonia de iniciación á vida de maiores, corte no estudo ou no traballo para mergullarse nun mundo hostil difícil de entender. Librei da Mili polos peores motivos (físicos e...