A Deputación da Coruña inviste este exercicio 774.470 euros no programa de subvencións para financiar o gasto de persoal
das oficinas de turismo dos concellos da provincia de menos 50.000 habitantes entre eles os da comarca da Barbanza.
Son 48 os beneficiarios, que se repartirán axudas de entre 10.000 e 20.000 euros.
“No noso departamento sempre fomos conscientes de que un turismo de calidade implica ter bos técnicos para planificar e bo persoal para informar e, entre todos, dar servizo e ofrecer unha proposta turística de calidade no territorio, algo que para nós é imprescindible se queremos ser competitivos”, explica o vicepresidente, Xosé Regueira. “E iso ímolo poder facer con este
programa de axudas, que ademais son do cen por cento”.
Desde 2017, a liña de subvencións da Deputación para a contratación de persoal especialista en turismo dálle traballo no ámbito territorial da provincia a arredor de 50 persoas e tamén servizo a medio cento de entidades municipais.
A resolución do total das subvencións, a listaxe de beneficiarios e as cantidades que recibirá cada un poden consultarse no BOP do 29 de abril.




