Ribeira celebra o día 4 de febreiro o día Mundial contra o Cancro, organizado pola AECC local

27 Xaneiro 2023
UNHA GALA DE PATINAXE, UNHA MISA EN MEMORIA DAS PERSOAS FALECIDAS E O PEDITORIO ANUAL SERÁN OS ACTOS POLO DÍA CONTRA O CANCRO

Con motivo da conmemoración o 4 de febreiro do Día Mundial Contra o Cancro, a sede ribeirense da AECC vén de dar a coñecer no consistorio local un programa de actos que se desenvolverán ao longo da seguinte semana.
A presentación contou coa participación de María José Carreira, María Cortizo e María José Paz no nome da devandita asociación, ademais do alcalde Manuel Ruiz e de Elena Rey e Rosi Domínguez en representación do Club Patinaxe Ribeira pois, non en van, un dos eventos que se van celebrar consiste nunha Gala Solidaria de Patinaxe Contra o Cancro.
María José Carreira deu conta dalgúns recentes e alarmantes datos, como que o 74% da poboación ten contacto directo con algunha persoa que ten cancro ou que no ano 2030 unha cada tres mulleres e
un de cada dous homes padecerán esta enfermidade. De aí a necesidade de sensibilizar á poboación para colaborar e axudar a fomentar así a investigación.
Rifas
O programa comezará o sábado 4 de febreiro ás 11 horas cun peditorio anual en diversas rúas de Ribeira, en tanto que ás 19 horas terá lugar a devandita Gala Solidaria de Patinaxe no Pavillón Municipal de Sirves que contará cun desfile e a participación de patinadores tanto de forma individual como por grupos, incluíndo subcampións galegos e na Copa de Europa. A entrada é gratuíta, máis os asistentes teñen a posibilidade de optar a un sorteo de regalos e vales de compra mercando rifas cuxa recadación irá
destinada a investigación. Isto é posible grazas á colaboración de vinte establecementos locais.
Por último, ás 12.30 horas do domingo 5 de febreiro na igrexa de Palmeira haberá unha misa solemne en lembranza de todas as persoas afectadas e falecidas polo cancro do termo municipal.
Colaboran o Coro Parroquial e o grupo de gaitas O Rueiro de Palmeira.
O alcalde Manuel Ruiz felicitou aos membros da AECC en Ribeira polo seu traballo, que xunto con iniciativas coma esta realizan moitas máis cousas en axuda ás familias e constitúen ademais unha parte
importantísima da vida cultural e deportiva no municipio, impulsando accións como a travesía a Illa de Rúa e a andaina contra o Cancro ou coa súa implicación no Xuño da Cultura.

Outros artigos

Este venres rematan as Festas da Guadalupe (festivo en Rianxo)

Este venres 19 de setembro celébrase en Rianxo o colofón final das Festas da Guadalupe 2024: a última xornada festeira (festivo local). Estará adicada á rapazada con actividades infantís durante todo o día. O Concello explica que "como non podería ser de outro xeito,...

+

Un home falece en Rianxo tras ser rescatado da auga

O suceso ocorreu ás 17 horas da tarde na praia de Tanxil, en Rianxo. Foi a esa hora cando un particular contactaba co 112 Galicia informando de que acababan de sacar a un home da auga e precisaba asistencia sanitaria urxente. Desde a sala de operacións do 112 Galicia...

+

En Ribeira caída xeneralizada de fibra en varias zonas

Onte contorna ás 11 da mañá, as redes de fibra de distintos fogares de Ribeira deixaron de funcionar debido a un fallo de BRAS. As empresas provedoras comunícannos que actualmente este problema xa case esta emendado na súa totalidade e que o servizo está case...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“A mellor, a da casa”. Luís Celeiro

“A mellor, a da casa”. Luís Celeiro

Todo ao grande, como debe de ser para aparentar fartura. En A Cañiza, neste mesmo ano,Alberto fixo o bocadillo máis grande que se coñece no mundo. Era de xamón, tan grandeque ninguén era quen de comelo enteiro. A barra de pan medía uns vinte metros delonxitude e a...

“Amigos”. Xulio Xiz

“Amigos”. Xulio Xiz

Eu era de facer anotacións de todo tipo, ata que as novas tecnoloxías me mudaron os hábitos. Hai anos utilizaba unha relación de varios folios onde tiña clasificados por orde alfabética amigos e coñecidos con enderezo, teléfonos e correos electrónicos. E, á parte,...