Ribeira acollerá o martes 7 un curso para coidadores de persoas con alzhéimer

26 Xaneiro 2023

O Centro Cultural Lustres Rivas vai albergar o martes 7 de febreiro un curso dedicado a coidadores e coidadoras de persoas con alzhéimer.

Trátase dunha acción formativa organizada pola Escola Galega de Saúde para os Cidadáns en colaboración cos Servizos Sociais do Concello que está dirixido “ás persoas que no seu día a día conviven coa enfermidade, xa sexan coidadores formais ou informais, e público en xeral”.

Ten por obxectivos:

-Adestrar aos/as participantes do curso das ferramentas precisas para facer fronte aos coidados específicos a persoas que padecen alzhéimer e outras demencias neurodexenerativas.

-Coñecer, entender e aplicar na practica, a necesidade de establecer unha estrutura a cal deberá soportar o desenvolvemento posterior como coidador.

O curso, que se vai desenvolver entre as 17 e as 20 horas, pretende mostrar a través de diferentes metodoloxías, a necesidade de establecer un punto de partida cara o proceso e posta en marcha da nova situación; identificar, avaliar e analizar elementos emocionais que inflúen no proceso; e avaliar as características persoais de cada situación.

A actividade terá como profesor a Miguel Ángel Gómez Vázquez, avogado, experto universitario en mediación familiar e xestión de intelixencia emocional.

Inscricións
As persoas interesadas poden anotarse ata o 7 de febreiro a través da web da Escola Galega de Saúde para os Cidadáns.

Outros artigos

Convocada a XIII edición do Concurso de Poesía Albariza de Artes

O Centro Recreativo e Cultural de Artes, en colaboración co Concello de Ribeira (Área de Cultura) presentou o cartel e as bases do nova convocatoria do Concurso de Poesía Albariza de Artes, certame que alcanza este ano a súa décimo terceira edición. Esta iniciativa...

+

Unha delegación de Angola visita en Ribeira a Escola Náutico-Pesqueira

A alcaldesa de Ribeira, María Sampedro, acompañou no día de hoxe a unha delegación procedente de Angola durante a súa visita á localidade que arrancou na Escola Oficial Náutico-Pesqueira para coñecer o modelo pesqueiro galego, con especial énfase na pesca tradicional....

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Demasiada realidade”. Xosé Antonio López Silva

“Demasiada realidade”. Xosé Antonio López Silva

Cada vez voume atopando con máis xente que me conta que fixo a escolla de deixarde ler ou de ver noticias. Que buscan emisoras onde haxa só música, ou que evitantelexornais e tertulias de actualidade. Non son persoas desentendidas do mundo. Dinque non poden soportar...

“Dereito a unha vivenda digna, sí; pero cómo?”. Antón Luaces

“Dereito a unha vivenda digna, sí; pero cómo?”. Antón Luaces

Como cidadáns españois todos temos dereito a unha vivenda digna e axeitada. De feito, a Constitución Española establece no seu artigo 47 que "tódolos españois teñen dereito" a disfrutar dela. O mesmo artigo recoñece que "os poderes públicos promoverán as condicións...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.