Presentan no Grove unha aplicación móbil (Orcinus) para o rexistro en tempo de real de albiscamentos de candorcas

11 Xaneiro 2023

O noso coñecemento sobre as candorcas e os seus comportamentos, sobre todo en relación cos encontros con embarcacións e o risco que se pode derivar destas interaccións, vaise ver reforzado con varias ferramentas tecnolóxicas. A primeira, da que falamos este mesmo mércores 11 de xaneiro, é a páxina web lanzada pola coordinadora CEMMA, a páxina orcaiberica.org. A segunda é unha ferramenta móbil impulsada pola Consellería do Mar a través de Portos de Galicia, a aplicación Orciuns, desenvolvida polo centro de investigación especializado en grandes cetáceos Bottlenose Dolphin Research Institute do Grove.

Este mércores presentouse esta última aplicación na vila arousá, poñéndose o foco nos seus obxectivos: trátase de facilitar o rexistro e difusión de albiscamentos de candorcas en tempo real co obxectivo de apoiar a seguridade na navegación e adiantándose a posíbeis interaccións con estes mamíferos mariños.

Foto da presentación de Xoán Crespo

No deseño e materialización desta ferramenta traballaron como dixemos o Bottlenose Dolphin Research Institute (BDRI) do Grove, entidade investigadora experta en grandes cetáceos, e máis a asociación Proxecto Nautilus, que desenvolve o seu labor con estas especies no estreito de Xibraltar.

No acto participou a presidenta de Portos, Susana Lenguas, que lembrou que a app atópase xa dispoñíbel para a súa descarga e uso tanto en versión Android como iOS. Tamén interveu José Antonio Pérez Sieira, patrón maior de Ribeira e presidente da Federación Galega de Confrarías de Pescadores.

O principal obxectivo desta ferramenta para telefonía móbil ou tabletas electrónicas, dixo Lenguas, “é contribuír a unha navegación máis segura ao permitir coñecer de antemán e tamén durante a propia travesía a presenza de candorcas en zonas xeolocalizadas previamente por outras embarcacións”. Deste xeito, engadiu, “preténdese aportar aos navegantes un novo instrumento para facer fronte a unha problemática relevante, especialmente para a náutica de recreo, como son os albiscamentos ou interaccións con candorcas rexistradas nos últimos anos”. Esta situación, apuntou Lenguas, xera certa preocupación na comunidade de navegantes, especialmente os de veleiros e embarcacións de menos de 15 metros, e ademais, engadiu, “está a repercutir na chegada de barcos en tránsito a Galicia desde o norte de Europa e o estreito de Xibraltar así como no conxunto da actividade do sector náutico-recreativo da comunidade”.

Na presentación explicouse que a nova app permite rexistrar en tempo real a presenza de candorcas e compartir esta información co conxunto da comunidade usuaria da aplicación. Polo tanto, achéganos a posibilidade de informar ao momento dun encontro con candorcas e acceder á información dos rexistrados xa, facilitando datos para unha mellor planificación da súa travesía.

“Calquera usuario pode darse de alta na aplicación e xeolocalizar candorcas na parte do mundo na que estea a navegar”, sinalaron, Eses rexistros son verificados polos responsábeis do mantemento da ferramenta, que se descarga de xeito automático no idioma no que está configurado o dispositivo do usuario e que emprega os mapas de Google do mesmo xeito para darlle carácter internacional

Susana Lenguas explicou tamén que a información xerada conformará unha base de datos (xestionada polo BDRI e Nautilus) para ampliar o coñecemento científico e estudar as pautas de comportamento destes animais así como establecer no medio prazo patróns e medidas eficaces para a convivencia coa náutica de recreo. “A creación dunha plataforma única de acceso universal e con datos contrastados aporta novas garantías fronte a afirmacións contraditorias ou aleatorias”, dixo.

Outros artigos

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.