Porto do Son contribuíu en 2022 á reciclaxe dunha vintena de toneladas de téxtil

08 Xaneiro 2023

A organización humanitaria Humana Spain ofreceunos un novo balance relativo ao ano 2022 da súa actividade solidaria en Porto do Son, materializada a través da colaboración veciñal e do Concello e grazas aos seus sistemas de recollida de roupa, presentes no municipio. Así, no informe faise saber que durante o ano que vimos de deixar atrás, os contedores de Humana Spain recuperaron en Porto do Son máis de 19 toneladas de téxtil usado para darlles unha segunda vida cun beneficio ambiental e social.

Ademais, evitouse a emisión de 122 toneladas de CO2 á atmosfera. Por outra banda, no informe sinálase que os recursos obtidos coa xestión do residuo téxtil permiten “a creación de empregos verdes” e “financian programas de desenvolvemento en países do sur”.

Dende 1987

Humana promove desde 1987 a protección do medio ambiente a través da reutilización de téxtil e leva a cabo programas de cooperación internacional ao desenvolvemento en África, América Latina e Asia e de apoio local, sensibilización e agricultura urbana en España. Os seus obxectivos pasan tamén por mellorar as condicións de vida das comunidades máis desfavorecidas do planea, facilitar o seu progreso económico e social e promover a economía circular.

Outros artigos

O Porto do Son recibe a súa sexta Bandeira Verde

O Concello do Porto do Son recibiu este 21 de outubro a súa sexta Bandeira Verde de Galicia, un recoñecemento ao compromiso municipal coa protección da paisaxe, a conservación do patrimonio natural e o coidado do medio ambiente. A tenente de alcalde, María José...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

Conté en comentarios anteriores la historia del italiano, Enzo Rossi, director de unafábrica de pasta, que en el año 2007 se asignó un sueldo de 1.000 euros al mes paraexperimentar en carne propia si era posible vivir con esa cantidad y comprobar así lascondiciones...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.