“Pasando de política” – Xulio Xiz

04 Xaneiro 2023

Foron días crispados na política nacional; tranquilos en Lugo. En oficinas, na educación, no tráfico; maiores e nenos, vivimos xornadas normais, axustando a vida ao ritmo que marcan idades, estacións, traballo ou lecer, sen o entusiasmo que alborotou Brasil nin ao arrepío que arrebatou o panorama xudicial, político e social do Estado.

No que parecen poñerse de acordo nas alturas da nosa sociedade é que vivimos unha crise política de gravidade inédita na democracia, na que o Goberno toma decisións que parecen á carta para grupos afíns, e o Partido Popular pon os obstáculos posibles, mesmo recurrendo ao Constitucional, que paraliza o xogo político para clarificar a situación.

Nas alturas do poder crúzanse argumentos e insultos, arden as redes, acéndense os ánimos… pero a vida no país segue como se nada diso interesase, e as preocupacións ostensibles van do Euribor ao custo da vida; das vacacións de Nadal á posible retracción económica. Se o problema altera aos políticos, a nivel popular pasa desapercibido. E o Rei, con sentidiño, advirte sobre o tema, pero non a gusto de todos.

Imos ter que aprender do fútbol: España, eliminada por Marrocos na quenda de penaltis… Arxentina gañou a penaltis o Mundial. E a todos parece xusto, sen pensar se quen tira os penaltis é progresista ou conservador. En cambio, no Constitucional, os conservadores por un gol (un voto), gañaron un partido no máis alto, porque para un conservador e un progresista a mesma Lei non di o mesmo.

Ou o fútbol está máis asentado ca a política, ou a política ten invadido campos que non lle pertencen. Mentres, os cidadáns pasamos da política e dos políticos.

Outros artigos

“A lei é para todos… salvo para algúns?” – José Luis Calo

Hai case oito séculos, as Sete Partidas de Alfonso X pretendían establecer unhas regras comúns para ordenar a sociedade. Hoxe vivimos nunha democracia con leis e mecanismos de control, pero segue vixente unha pregunta fundamental: de que serven as normas se quen debe...

+

“Indefensión frente a la nesciencia”. José Fernández Lago

Soy un ciudadano de a pie, que no entiendo el organigrama gubernativo. Cierto que me siento con el derecho de considerar que los que ostentan algún tipo de cargos deberían tener los estudios oportunos, y no simplemente facilidad para comunicarse entre ellos y para...

+

“Sánchez y la fuerza del amor” – José Antonio Constenla

Hay amores que mueven montañas y otros que, a juzgar por lo visto en Fuenlabrada, aspiran a mover algo más delicado: la opinión pública. Pedro Sánchez y Begoña Gómez se besan, bailan y se dedican un “Que lo escuchen, te quiero” ante los asistentes a un mitin del PSOE....

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La protesta de los estudiantes franceses”. José Castro López

“La protesta de los estudiantes franceses”. José Castro López

Francia convive cada cierto tiempo con pequeñas revoluciones o estallidos sociales que,aunque comparten escenarios, responden a causas diferentes. Recuerden la revoluciónde Mayo 68 de la que Daniel Cohn-Bendit, uno de sus líderes, dice que entonces losjóvenes eran...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.