Os socialistas de Ribeira piden unha nova posta a punto do Lavadoiro de Portochouzo

10 Xaneiro 2023

O grupo do PSOE de Ribeira, a través do seu concelleiro-portavoz José Manuel Vilas Álvarez, vén de presentar un rogo relativo ao estado no que se atopa o Lavadoiro de Portochouzo, na parroquia de San Martiño de Oleiros. Segundo sinala a agrupación, trátase dunha construción rehabilitada e posta en funcionamento polo Concello de Ribeira, realizando tamén unha cuberta de protección fronte as inclemencias meteorolóxicas, xa hai uns anos. Porén, na actualidade e logo do tempo transcorrido, “as travesas que sosteñen a cercha de madeira na súa cara sur, están dando mostras de deterioro”, informan, engadindo que tamén “a cuberta denota unha deficiente colocación das tellas cerámicas que conforman o seu remate”.

En virtude de todo o devandito, o grupo pide que por parte da delegación que corresponda, sexan realizadas as seguintes accións:

1.- Unha supervisión da instalación, co fin de observar as deficiencias sinaladas, e outras que podan aparecer.

2.- Efectuar a reparación da cercha devandita.

3.- Recolocación dos elementos constructivos da cuberta, e reposición das tellas curvas necesarias.

4.- Limpeza xeral do lavadoiro, e da canle de auga que dá servizo.


Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.