O BNG presenta este domingo en Mazaricos as súas candidaturas para Muros-Noia

26 Xaneiro 2023

Este domingo, día 29 de xaneiro, ás 12.00 horas., o Bloque Nacionalista Galego celebrará en Mazaricos, no restaurante Casa Jurjo, un acto de presentación conxunta das candidaturas da comarca de Muros e Noia.  No acto  intervirán: Sol Agra, responsábel comarcal,  a portavoz nacional Ana Pontón e o alcalde Juan Blanco. No seu transcursos presentaranse as persoas escollidas en cada asemblea local para representar ó BNG  como candidatas e candidatos á alcaldía nas vindeiras eleccións de maio.

Por Muros: María Lago

Por Outes: Anxo Núñez

Por Mazaricos: Juan Blanco

Por Noia: Ricardo Suárez

Por Lousame: Anxo Moledo

Por Porto do Son: Balbino González.

Despois do acto, haberá un xantar de confraternidade no mesmo restaurante no que se celebrará a presentación: Casa Jurjo, en Mazaricos.

Outros artigos

O Curro (Noia) acolle este sábado unha nova foliada aberta

Noia vai celebrar o remate do mes de outubro cunha nova Foliada no Curro, coincidindo co último sábado do mes e, tamén, coa festividade do Samaín. Desta volta a xuntanza (aberta, festeira e participativa) terá formato de Foliada da Arada, e dará comezo ás 18.30 na...

+

O 14 de novembro celébranse as II Xornadas Micolóxicas de Noia

O próximo sábado 14 de novembro temos en Noia, grazas ás súas II Xornadas Micolóxicas, unha cita coa natureza, os cogomelos e a gastronomía. Será, en palabras da organización, "unha xornada para aprender, descubrir e gozar da riqueza micolóxica da nosa contorna". O...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“¿Me gusta Patti Smith?”. Mario Clavell

“¿Me gusta Patti Smith?”. Mario Clavell

Cantó en la entrega del Princesa de Asturias un fragmento de Wing, a sus 79 años, desmelenada según costumbre, áspera y afinada melódicamente. Escuché por you tube algunas de sus canciones espectáculo en auditorios petados con megafonía alta ante público entregado,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.