Entidades en defensa do galego, do éuscaro e do catalán conmemoran os aniversarios de nacemento de Castelao e de Rosalía

10 Xaneiro 2023

Representantes de entidades sociais de defensa das linguas minoritarias do Estado homenaxearán a Castelao e a Rosalía de Castro, o domingo 22 de xaneiro ás 12h no Panteón de galegos ilustres, nun acto que contará con intervencións de representantes da Mesa pola Normalización Lingüística, de Euskalgintzaren Kontseilua e da Plataforma per la Llengua e coa actuación musical de Uxía e Os Trinquetes.

Segundo lembra A Mesa, este 29 de xaneiro cúmprense 137 anos do nacemento de Castelao e o 23 de febreiro, 186 do nacemento de Rosalía de Castro. Deste xeito, as entidades en defensa das linguas galega, vasca e catalá queren aproveitar a proximidade de ambas as dúas datas para destacar “o valor referencial que teñen Rosalía e Castelao, cada un no seu tempo, na reivindicación da normalización da lingua galega e, por extensión, de todas as linguas propias dos seus países, cun legado que permanece vivo na actualidade a través do activismo para restitución plena dos respectivos idiomas”.

Este 2023 no que tamén se celebra o centenario do primeiro Galeusca, as entidades sociais de defensa das linguas do Estado renden tributo a Rosalía e a Castelao e reafirman a “vontade de afondaren nas relacións que manteñen e de traballaren conxuntamente”. Este traballo conxunto materializouse os últimos anos nas accións a respecto da Lei Audiovisual, iniciativas no Congreso ou pola defensa dos dereitos lingüísticos conxuntamente con outras entidades doutros territorios do Estado.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.