Día de Reis con nubes e aumentando o risco de chuvia cara o serán

05 Xaneiro 2023

O venres será unha xornada de transición na que iremos perdendo a influencia anticiclónica coa chegada dunha fronte activa á noite.

Será un día de ceos parcialmente nubrados, con nubes máis compactas na costa onde xa se poderá rexistrar algún orballo durante o día. A fronte entrará á noite pola franxa atlántica e irán chegando as chuvias a toda Galicia co avance da madrugada. As temperaturas mínimas experimentarán un lixeiro ascenso mentras que as máximas descenderán lixeiramente. O vento soprará do sur aumentando a forte co avance do día.

meteogalicia

o noso mar: Vento do sur á mañá e do sur á tarde e á noite, forza 3 a 5 á mañá, 5 a 6 á tarde e 6 a 7 á noite. Marusía á mañá, forte marusía á tarde e media vaga á noite. Visibilidade boa á mañá e á tarde e regular á noite. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 1.5 a 2.5 metros á mañá e á noite e 1 a 2 metros á tarde.

Mareas


Muros
Hora*Altura
Preamar03:383.4 m
Baixamar09:520.9 m
Preamar15:593.2 m
Baixamar21:550.9 m
Vigo
Hora*Altura
Preamar03:293.4 m
Baixamar09:441.0 m
Preamar15:503.2 m
Baixamar21:471.0 m
Vilagarcía
Hora*Altura
Preamar03:353.4 m
Baixamar09:490.9 m
Preamar15:563.2 m
Baixamar21:530.9 m

Cámaras web da comarca  (algunha pode nun funcionar puntualmente)

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Eu tamén quixen bailar coma Javi” – Fernando Sarasketa

“Eu tamén quixen bailar coma Javi” – Fernando Sarasketa

Foto de Javi Bermúdez na Sala Real Acababa de chover e Javi empuxoume con firmesa coas dúas mans para poñerme debaixo dunha pingueira. Unha pinga conxelada caeu serteira no meu lombo pasando áxil a rentes da caluga e da camiseta, sen tocalas. “Agora xa sabes o que se...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.