Boiro conmemora o Día do Cancro cun lazo humano diante do Mercado (este sábado ás 12.00)

31 Xaneiro 2023

Boiro vai conmemorar este sábado 4 de febreiro o Día Mundial do Cancro. Farao na rúa peonil, diante do Mercado Municipal, a partir das 12.00 horas, coa creación dun lazo humano e a lectura dun manifesto. O acto está organizado pola xunta local da Asociación Española Contra o Cancro de Boiro. O lazo humano, explican as persoas integrantes da dita xunta local, será unha mostra de apoio aos pacientes e familias que se enfrontan a esta enfermidade. Comezará como dixemos ás 12.00 horas na rúa peonil, diante do Mercado Municipal. A iniciativa de Boiro repetirase de xeito simultáneo en diferentes puntos da provincia da Coruña. Están convidadas a participar todas as persoas que desexen sumarse á loita contra esta doenza. A celebración de Boiro complementarase coa importante axenda de actividades que prepara a mesa local da AECC en Ribeira, da que dimos conta dos días pasados.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Ideología, vs, pensamiento creativo”. Manuel Dominguez

“Ideología, vs, pensamiento creativo”. Manuel Dominguez

Cualquier parecido con la realidad es mera coincidencia Yo les sugiero que antes que yo hable, ellos se presenten. Uno me dice que en su juventud llegó a tener el libro rojo de Mao, fue trotskista, castrista, simpatizaba con LCR la Liga, admirador del Che, comunista,...

“O primeiro paso”. Luís Celeiro

“O primeiro paso”. Luís Celeiro

Os cregos din que o do compromiso a longo prazo e para sempre é o valor principal que outorga o casamento pola igrexa. María Mercedes da Orde, casada e divorciada varias veces, di, sen falar, sen levantar a voz, case como se escoitaramos o seu pensamento,“vaiche boa!...