Até 1,5 millóns de euros para impulsar en Galicia a pesca sustentábel e a remuda xeracional

10 Xaneiro 2023

A conselleira do Mar, Rosa Quintana, debullou este martes 10 xaneiro os novos apoios acabados de mobilizar dende o seu departamento para introducir melloras a bordo dos buques pesqueiros, promover a pesca sustentábel e impulsar a remuda xeracional na actividade marítimo-pesqueira. En concreto, expuxo que este ano a Xunta destinará a este fin 1,5 millóns de euros a través dunha convocatoria de axudas para os propietarios de buques pesqueiros galegos.

Así o sinalou a conselleira durante unha visita en Celeiro ao buque Pino Montero Tres, que foi beneficiario deste tipo de apoios co-financiados co Fondo Europeo Marítimo de Pesca. Alí Rosa Quintana estivo acompañada polo delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias e polo director xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica, Antonio Basanta, e explicou que “son obxecto destas achegas os investimentos para limitar o impacto da pesca no medio mariño e para protexer as especies”.

Tamén se destinan a “subvencionar actuacións que melloren as condicións de traballo, hixiene e seguridade dos buques e aquelas relacionadas coa eficiencia enerxética, o cambio de motores e a mitigación do cambio climático”. Outros investimentos obxecto de recibir achegas e que especificou a conselleira, son “os que aumenten o valor engadido, a calidade dos produtos e a utilización das capturas non desexadas”.

Quintana engadiu que na convocatoria de 2022 a Consellería do Mar aprobou 70 proxectos por valor de máis de 1,1 millóns de euros e subliñou que “é a que máis solicitudes rexistrou e na que máis importe se concedeu de todo o período FEMP”. A maiores, incidiu en que “todas as solicitudes que cumprían os requisitos foron seleccionadas e que entre a primeira convocatoria no marco do FEMP -do ano 2016- e a do ano pasado, a Xunta aprobou axudas a máis de 300 proxectos deste tipo por máis de 4,5 millóns de euros”.

Ademais detallou exemplos de proxectos que se adoitan subvencionar con estas achegas como os relacionados coa modernización de buques, o subministro e instalación de hélices de manobra e a reforma das estruturas de abrigo na cuberta. Tamén equipamentos para os buques como dispositivos de salvamento e loita contra lumes, traxes de supervivencia, equipamentos de navegación ou adaptacións en instalacións para mellorar as condicións hixiénicas así como dispositivos radioeléctricos de comunicación por satélite e a implantación de sistemas Wi-Fi a bordo.

Outros artigos

“Plan de Rescate da Sanidade Pública Galega”. Xosé Mª Dios Diz

“As listas de agarda constitúen unha das formas máis sofisticadas de crueldade. Son producto dun Sistema que intentaatender a todos con recursos cos que so se pode atender a algúns”. Juan José Millás: escritor. Valencia. 1946.Esta reflexión nos indica que os...

+

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

Demasiada hipocrisía en materia de vivenda por parte de moito axentes políticos, sociais e empresariais. A vivenda continúa sendo un negocio e moi rendible para uns poucos propietarios sen escrúpulos, para os fondos voitre, grupos inmobiliarios e grandes propietarios,...

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

A Casa da Cultura de Antas de Ulla chámase Teresa Batán. Bautizárona co nome da muller que entregou a vida á Biblioteca do seu pobo. Para min é Teresa de Antas desde hai máis de trinta anos, amiga admirada pola dedicación preocupada pola cultura e polos nenos. Na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.