Alumnado da Pobra aprende a dar ao téxtil unha segunda vida

16 Xaneiro 2023

O Concello da Pobra do Caramiñal, ao abeiro das súas actividades de sensibilización co coidado do medio ambiente e impulso dos hábitos sustentábeis, desenvolveu esta tempada varias actividades divulgativas para a rapazada que puxeron o foco na reciclaxe de téxtil.

A concelleira do Medio Ambiente, Genoveva Hermo (Nós Pobra), informounos de que alumnado do CEP Salustiano Rey Eiras e do CEP Pilar Maestú Sierra acolleu este 16 de xaneiro un obradoiro para o aproveitamento de vestimenta en desuso da man de Humana, coa colaboración da Urbaser. Converteron así camisetas en bolsas de tecido e aprenderon a importancia dos tres R: reducir, reciclar e reutilizar.

Previamente a esta acción, no 10 de decembro, a rapazada asistente á Pequetroula tamén puido participar nun taller desta mesma índole e converter calcetíns en monicreques cos cales xogar.

A edil tamén lembra o proxecto de reciclaxe de téxtil existente na Pobra do Caramiñal cunha ducia de colectores específicos repartidos pola súa xeografía para “facilitar a separación na orixe e evitar que a roupa e o calzado acaben no contedor xenérico”, engadiu.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.