Aberto o prazo de solicitudes para a contratación de persoal para a atención de centros museísticos

23 Xaneiro 2023

A Deputación da Coruña anunciou que vai destinar este ano 400.000 euros para a contratación de persoal para a atención de museos e centros museísticos (museos, coleccións museográficas ou centros de interpretación). O prazo de presentación de solicitudes rematará ás 14 horas do 17 de febreiro.

A entidade provincial que preside Valentín González engade que “poderán acceder ás axudas os concellos e outras entidades locais da provincia de menos de 50.000 habitantes, xestoras de museos ou centros de interpretación de carácter permanente depositarias de bens móbeis, obxectos ou testemuños de valor histórico, arqueolóxico, artístico, etnográfico, científico ou técnico de interese local, que é importante divulgar e protexer”.

A través desta liña só se subvencionarán postos de traballo de natureza estrutural, que estean desempeñados por persoal funcionario ou laboral fixo e, que no caso de estar desempeñados por persoal con vinculación temporal, que teñan iniciado o proceso de estabilización de emprego.

Tanto as solicitudes como o resto da tramitación da convocatoria realizaranse por vía telemática a través da plataforma SUBTEL, accesíbel desde a sede electrónica da Deputación.

As bases están publicadas no Boletín Oficial da Provincia do 20 de xaneiro.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.