A Xunta renova o conxunto da sinalización vertical das instalacións portuarias autonómicas

01 Xaneiro 2023

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 286.000 euros para a mellora da sinalización vertical dos espazos portuarios de titularidade autonómica. Estas actuacións desenvólvense a través
dun contrato co que a Xunta está a renovar o conxunto dos sinais informativos dos 122 peiraos de titularidade autonómica.
A substitución da sinalización existente por novos elementos responde á necesidade de mellora dos carteis, que en ocasións presentaban danos como consecuencia das condicións meteorolóxicas adversas e da súa presenza en contornas mariñas. Ademais, os novos carteis aportan información aclaratoria e máis detallada da normativa que recolle, o que non implica unha modificación da regulación senón que ofrece máis datos sobre a que está vixente.
Entre a sinalización que se renova atópanse os carteis das oficinas portuarias, a delimitación das zonas de carga e descarga, as saídas das zonas portuarias, as indicacións de riscos e as de prohibición do paso a toda persoa allea á actividade do peirao ou servizos das áreas portuarias.
En relación cos indicadores de prohibición do acceso ás persoas alleas á actividade portuaria, os novos carteis recollen un texto moito máis detallado que explica que a normativa -na que non se produciu ningún cambio- limita a entrada ás zonas portuarias a aquelas persoas e vehículos vencelladas con empresas que teñen actividade no porto ou ás autoridades competentes. Entre elas están as entidades pesqueiras, náuticas, comerciais, industriais e de servizos, así como os corpos e forzas de seguridade do
Estado, entre outras.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...