A Xunta concede 184.000 euros ao Concello de Rois para a creación dun Punto de Atención á Infancia de 20 prazas

20 Xaneiro 2023

A conselleira de Política Social e Xuventude, Fabiola García, anunciou hoxe que a Xunta de Galicia concedeu unha axuda de 184.000 euros ao Concello de Rois para converter a antiga Escola Unitaria de Urdilde nun Punto de Atención á Infancia (PAI) de 20 prazas gratuítas para as familias.

Fabiola García, acompañada do alcalde, Ramón Tojo, visitou esta mañá a localización na que se emprazará o futuro PAI. Alí salientou a recuperación desta instalación para a posta en marcha dun novo servizo de calidade, que axudará a compaxinar a vida laboral e familiar aos veciños deste municipio e que incrementará nun 50 % a oferta da etapa educativa infantil.

Cómpre sinalar que esta axuda procede da orde para a creación de prazas de titularidade municipal que beneficia a unha vintena de concellos e permitirá crear máis de 450 novas prazas de atención 0-3 anos en toda Galicia.

Ademais, a conselleira de Política Social e Xuventude puxo en valor as medidas que fan da nosa comunidade unha referencia en conciliación a nivel nacional. Deste xeito, subliñou actuacións como a gratuidade de todas as escolas infantís; a creación de 95 casas niño para levar a conciliación a concellos onde non existían estes servizos; e tamén mediante o Bono Coidado, que ofrece axudas para a contratación dun apoio extraordinario de conciliación.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El arte y la necesidad de pensar”. José Castro López

“El arte y la necesidad de pensar”. José Castro López

Ricardo de la Cierva publicó en los años ochenta el opúsculo titulado Cómo ampliar micultura. ¿Qué puedo hacer?, que escribió con el objetivo de ofrecer una guía prácticapara construir una cultura personal que no consiste solo en adquirir conocimientos, sinoen...

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.