A plataforma GaliciaLe confirma a súa tendencia á alza con case 135.000 préstamos

11 Xaneiro 2023

A Rede de Bibliotecas de Galicia, formada por máis de 300 centros bibliotecarios públicos en territorio galego, pechou 2022 con case 1,6 millóns de préstamos, o que supón un incremento do 23% en relación ao ano anterior. Esta cifra coñécese o mesmo día que as bibliotecas celebran o Día do Usuario/a, que os centros conmemoran cunha ampla programación que inclúen visitas comentadas ás instalacións, obradoiros, contacontos e recoñecementos aos lectores máis activos nos últimos meses.

Nos centros xestionados pola Xunta de Galicia relizáronse preto de 750.000 préstamos, o que supón un incremento do 5,6% en relación ao ano 2021. Así, segundo estes datos, en 2022 rexistráronse case 40.000 préstamos máis que no anterior exercicio nos centros Miguel González Garcés da Coruña, Lugo, Nós de Ourense, Antonio Odriozola de Pontevedra, Ánxel Casal de Santiago de Compostela e Juan Compañel de Vigo.

Á cifra de préstamos realizados de xeito presencial súmanse os case 135.000 feitos a través de GaliciaLe, a plataforma tecnolóxica de préstamo de libros, revistas, audiolibros e películas en formato electrónico das bibliotecas públicas galegas. Esta ferramenta, que ten por obxectivo “facilitar o acceso de toda a cidadanía á cultura”, confirmou á súa tendencia ascendente ao incrementarse a devandita cifra en 22.000 préstamos en relación ao pasado ano e nun 60% co período anterior á pandemia.

Os títulos galegos máis demandados en 2022 nas nosas bibliotecas foron Os Bolechas, de Pepe Carreiro, Leo con Bubela, de Colectivo Bubela, e O souto dos catro ventos, de María Oruña. Completan as primeiras posicións as obras Os nenos da varíola, de María Solar, autora galardoada co Premio Xerais o pasado ano, e A praia dos afogados do autor Domingo Villar falecido en maio.

En canto aos libros en castelán, os máis solicitados polos usuarios foron La bestia, coa que Carmen Mola gañou o Premio Planeta en 2021, La madre de Frankenstein, de Almudena Grandes, e Una historia ridícula, de Luis Landero, que obtivo o Premio Nacional de las Letras Españolas o pasado ano. Corazón tan blanco, do autor Javier Marías, falecido en setembro, e La señora March, de Virgina Feito, completan a listaxe dos títulos máis demandados.

Outros artigos

Convocada a XIII edición do Concurso de Poesía Albariza de Artes

O Centro Recreativo e Cultural de Artes, en colaboración co Concello de Ribeira (Área de Cultura) presentou o cartel e as bases do nova convocatoria do Concurso de Poesía Albariza de Artes, certame que alcanza este ano a súa décimo terceira edición. Esta iniciativa...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Lo imposible es posible” – Manuel Domínguez

“Lo imposible es posible” – Manuel Domínguez

Lo imposible es posible. Antonio, (nombre ficticio), es un fumador desde los 14 años, con sesenta toma sus vinos y consume , ya no fuma cajetillas sino que él hace sus propios pitillos, artesanía, fue al médico, su futuro es no muy largo, sus venas son muy solidas,...

“En democracia no hay ideas prohibidas”. José Castro López

“En democracia no hay ideas prohibidas”. José Castro López

La escritora británica Evelyn Beatrice Hall publicó en 1906 el libro “The Friends ofVoltaire” en el que relata como entendía la tolerancia el filósofo francés y dejó para lahistoria la frase “No estoy de acuerdo con lo que dices, pero defenderé con mi vida tuderecho a...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.