A patronal boirense entregou este martes 17 os premios da súa Campaña de Nadal

17 Xaneiro 2023

A Asociación Boirense de Empresarios (ABE) entregou este martes 17 de xaneiro os premios da súa Campaña de Nadal, cuxos destinatarios foron dados a coñecer a semana pasada pola entidade empresarial. Os galardóns concedéronse ás 13.45 horas na sede da ABE (no 85 da avenida da Constitución). Participaron no acto os integrantes da directiva da asociación e máis o seu presidente, Daniel García. Entregáronse 3.000 euros repartidos nun premio de 1.000 e dez de 200. O premio gordo recaeu en Oliva Filgueira por unha compra realizada en Crisel Hogar. Os clientes poden seguir rexistrando tíckets de compra para acumular puntos e cambiar por agasallos.

11 persoas premiadas e importes en bonos ABE

En total foron 11 as persoas premiadas, 10 con 200€ e 1 cun premio especial de 1.000 € que nesta ocasión recaeu en Oliva Filgueira (compra realizada en Crisel Hogar), todas elas recibiron o importe en bonos ABE, a xa coñecida moeda da asociación, que se pode utilizar en calquera dos 194 negocios asociados e non ten caducidade.

Daniel García agradeceu a participación

O acto foi conducido polo presidente da patronal, Daniel García, que estivo acompañado polo vicepresidente, Javier Caamaño. A cita foi no salón de actos da ABE. García quixo agradecer ás persoas premiadas o seu “compromiso co comercio de proximidade ao realizar as compras na localidade, o cal redunda en beneficio do noso comercios e de todo o pobo”

Así mesmo o presidente quixo resaltar os datos de participación xa que “rexistráronse 7.082 tíckets de compra na aplicación de sorteos, correspondentes a compras de 1.431 clientes nos establecementos asociados”. Este dato, dixo, “supón un récord absoluto en calquera campaña da ABE e afianza a aposta da entidade por utilizar métodos dixitais nos sorteos e promocións que realiza”.

Catalogo de premios

Para finalizar o presidente queixo recordar que “durante todo o ano os clientes poden seguir rexistrando tíckets para acadar premios do catálogo de puntos que está sempre dispoñíbel para consultar na web da abe, www.abe.gal”.

Aos clientes que queiran coñecer os seus puntos, García lembroulles que reciben con cada rexistro un correo no que se lle indican os puntos conseguidos con ese tícket e o seu saldo acumulado. Desde ese mesmo correo poden acceder a consultar o catálogo de agasallos e pedir o cambio dos seus puntos.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Valentía política”. José Manuel Pena

“Valentía política”. José Manuel Pena

Salen de sus hogares, todas las semanas, en busca de alimentos, medicamentes, bonos para viajes o alguna que otra ayuda económica para gastos extraordinarios. Estas familias acuden a alguna ong ó entidad social que las ayudan desde hace décadas e incluso, a algunas de...

“La felicidad”. José Antonio Constenla

“La felicidad”. José Antonio Constenla

En este mundo tan dado a poner días, etiquetas y estadísticas a la vida, lafelicidad no podía ser menos y la Red de Soluciones para un DesarrolloSostenible, dependiente de Naciones Unidas, ha establecido una serie decriterios que permiten medir si un país ofrece...