A ABE dá a coñecer as persoas premiadas na súa Campaña de Nadal

09 Xaneiro 2023

Este 9 de xaneiro a Asociación Boirense de Empresarios (ABE) deu a coñecer os nomes das persoas premiadas na Campaña de Nadal da entidade, a través da cal sorteáronse 3.000 euros en agasallos. Segundo fixo saber a patronal boirense, o balance de participación non puido ser máis positivo: rexistráronse 7.082 tíckets de compra na aplicación de sorteos, correspondentes a compras de 1.431 clientes nos establecementos asociados. “Este dato”, explica a ABE, “supón un récord absoluto en calquera das nosas campañas e afianza a aposta da entidade por utilizar métodos dixitais nos sorteos e promocións que realiza”.

As persoas finalmente agasalladas pola súa fidelidade ao comercio local e o establecemento onde realizaron a compra son as que citamos no cadro seguinte:

Os premios entregaranse nos vindeiros días e serán en bonos ABE que se poden utilizar en calquera das 200 empresas asociadas e non teñen caducidade.

Catalogo de premios

A ABE lembra que durante todo o ano os clientes poden seguir rexistrando tíckets para acadar premios do catálogo de puntos que está sempre dispoñíbel para consultar na web da entidade, www.abe.gal. Para coñecer os puntos os clientes reciben con cada rexistro un correo no que se lles indican os puntos conseguidos con ese tícket e o seu saldo acumulado. Ademais, desde ese mesmo correo poden acceder a consultar o catálogo de agasallos e pedir o cambio dos seus puntos.

Outros artigos

A ABE colabora coa campaña de Nadal de AGADEA Alzhéimer en Boiro

Na mañá deste venres 1 de decembro, usuarios e técnicos da Asociación Galega de Axuda aos Enfermos de Alzhéimer (AGADEA) achegáronse as oficinas da ABE (Asociación Boirense de Empresarios) para entregar 50 bólas decorativas elaboradas a man polas persoas participantes...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“O falar das pedras”. Luís Celeiro

“O falar das pedras”. Luís Celeiro

O falar das pedras é moito falar. Din o que saben, o que pasaron e o que será. As pedras gardan as mensaxes do tempo, as raias dos anos, dos miles e millóns de anos e cóntannolo aos que as escoitamos, aos que as miran e as queren. Millóns de anos escribindo e deixando...