A Copa 5×5 Deputación da Coruña leva o balonmán ás rúas de sete concellos da provincia entre eles Ribeira

31 Xaneiro 2023

A Copa 5×5 Deputación da Coruña – Balonmán na Rúa levará o balonmán ás rúas de sete concellos da provincia, nun  proxecto dirixido a nenas e nenos de 6 a 11 anos, que se achegarán ao balonmán dunha forma lúdica e divertida.

Hoxe tivo lugar o acto de presentación da Copa 5×5 na sede da Deputación Provincial da Coruña, no que participaron a deputada de Deportes, Cristina Capelán Cancelo, e o presidente da Federación Galega de Balonmán, Bruno López Molina.

Cristina Capelán destacou o atractivo desta nova proposta que, ademais de promocionar aos concellos con esta orixinal competición, “saca o balonmán dos pavillóns para achegalo a todos os públicos na rúa”. “Estou segura de que levar este deporte á rúa fará que moitos nenos e nenas o descubran e se animen a practicalo. A nosa idea é crear un evento importante para que a xente goce do espectáculo do balonmán, onde temos unha gran canteira con deportistas”.

Capelán referiuse “ao importante papel da Federación Galega de Balonmán e a súa aposta de chegar a máis concellos nos que aínda non hai escolas ou clubs estables mediante iniciativas como esta, que permiten unha maior visibilidade a este deporte, achegando o balonmán a todos eses nenos e nenas que non o practicaron nunca e que ademais crean sinerxias entre o deporte e o tecido local”.

Pola súa banda, Bruno López, agradeceu a aposta da Deputación da Coruña por un proxecto “novidoso e valente, que nos permite darlle visibilidade ao noso deporte escapando dos pavillóns e montando unha gran festa lúdica e deportiva en lugares emblemáticos de sete localidades da provincia”.

Primeira proba, esta fin de semana en Carballo

O máximo responsable da FGBm referiuse á primeira proba da Copa 5×5, que se vai disputar esta fin de semana en Carballo, na que contan co apoio do Concello, dos centros escolares e do club Xiria: “Vai ser unha proba de fogo nunha vila que vive o balonmán con paixón”.

A Copa 5×5 Deputación da Coruña – Balonmán na Rúa contará cun total de sete sedes e na última, Camariñas, celebrarase a final na que participará os 6 campións da probas anteriores. O torneo comezará esta fin de semana (do 3 ao 5 de febreiro) na Praza do Concello de Carballo, e posteriormente desprazarase  a Cerceda (10-12 de febreiro), Ferrol (24-26 de febreiro), Muros (10-12 de marzo), Arzúa (24-26 de marzo) e Ribeira (14-16 de abril).

Nos lugares elixidos disporase unha pista de mini-balonmán ao aire libre, con bancadas para 250 persoas para que familias e afeccionados poidan gozar vendo en acción aos máis pequenos/as.

A pista disporá de marcador electrónico, unha gran pantalla LED, megafonía, speaker e comentaristas, emisión en directo en streaming e dron para as tomas aéreas do evento, configurando un gran espectáculo para toda a familia no que os pequenos e pequenas deportistas serán protagonistas.

Os equipos participantes deberán ter un mínimo de 5 integrantes ademais dun/ha responsable (de máis de 16 anos). A inscrición é gratuíta e a Federación Galega de Balonmán está a contactar cos centros escolares das diferentes localidades, co obxectivo de impartir sesións de promoción do balonmán, nas que xa se introducirán unhas nocións básicas para xogar un partido desta modalidade.

Todas e todos os participantes recibirán unha equipación conmemorativa e os dous primeiros clasificados de cada proba en cada categoría recibirán un trofeo e medallas para todos os integrantes do equipo.

Todas as persoas interesadas poderán inscribirse no seu propio centro escolar ou ben na seguinte ligazón. https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSeMh8LfL02rh1_Icp7qo_aM2UbhsxPfaYFNjGzEiYIwF9a7Rg/viewform

Outros artigos

O Concello de Ribeira insta á Xunta a dragar o porto de Santa Uxía

O pasado luns 30 de setembro celebrouse o pleno ordinario da Corporación do Concello de Ribeira onde o concelleiro de Mar, Fernando Abraldes presentou unha proposición cun amplo expediente onde se detallou o precario estado de mantemento e conservación que presentan...

+

Achan cadáver flotando no mar en Rianxo

Esta tarde, ao redor das catro, foi localizado o cadáver dun home flotando no mar, á altura de Punta Abuín, na desembocadura del Río Ulla, na parroquia de Leiro. Aínda que aínda falta a confirmación oficial, sospéitase que podería tratarse de Félix Triñanes Sánchez,...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La hemeroteca y la realidad”. José Castro López

“La hemeroteca y la realidad”. José Castro López

Circula por la red una intervención del presidente del Gobierno en el Parlamento quedebió producirse cuando intentaba acordar la formación de Gobierno con Ciudadanos -las cámaras captaron a Rivera y Girauta en actitud de aprobación a su discurso-, del quereproduzco...

“Palabra de Rei”. Xulio Xiz

“Palabra de Rei”. Xulio Xiz

En foto de hai 48 anos podemos ver ao bispo de Lugo, Ona de Echave, asperxendo a Juan Carlos e Sofía, Reis, na porta norte da Catedral de Lugo, ante a mirada atenta de José Ferro. Eran tempos nos que “palabra de Rei” significaba firmeza nos tratos das...