Substitución na cúpula de JEALSA: cesa o director xeral da primeira conserveira galega en volume de negocio

22 Decembro 2022
Cristóbal Valdés, ex director xeral de JEALSA. Foto: JEALSA

Cristóbal Valdés Guinea abandonou o seu cargo como director xeneral do xigante de Boiro hai unhas semanas tras preto de tres anos no cargo. Fontes da compañía da familia Alonso confirmaron que o directivo, tamén conselleiro de Tubos Reunidos, cesou no seu posto nunha operación que enmarcan nunha decisión persoal do mesmo, ao que agradecen o traballo realizado. Nestes momentos, a súa substitución aínda non foi anunciado.
Valdés desembarcou en JEALSA en plena pandemia. Segundo destaca nos seus perfís sociais, entre febreiro de 2020 e novembro deste ano ocupou o posto de CEO (director executivo) mentres que de novembro a decembro desempeñaría, segundo esa información, o posto de asesor do presidente.

Á marxe da súa saída da conserveira galega, o executivo mantén de momento o seu cargo como membro do consello de administración da cotizada vasca Tubos Reunidos, que ocupa desde 2018. Valdés ten un asento como conselleiro dominical externo no máximo órgano de administración da compañía, en representación de Grupo Zorrilla.
Aínda que a saída do director xeral de JEALSA produciuse a principio de mes, o cambio na cúpula da conserveira queda recollido esta mesma semana no Rexistro Mercantil, que anuncia a súa saída como administrador único das sociedades Escuris SL, JEALSA Industria Alimentaria SL e Conservas Rianxeira.
Aínda que fontes próximas á conserveira destacan que na marcha de Valdés non mediaría ningún desencontro laboral, senón unha decisión persoal, o movemento cobra relevancia ao tratarse do primeiro grupo galego do sector en canto a cifra de negocio.

Provedora de referencia de Mercadona, JEALSA pechou o exercicio 2021 cun beneficio neto de 1,7 millóns de euros, fronte aos 12,8 millóns do ano da aparición do COVID. A pesar do retroceso, segue sendo a compañía do sector que acumula maiores ingresos, cunha facturación de 704,3 millóns. En canto a beneficios netos, estaría superada polas conserveiras FRINSA e Calvo.

Outros artigos

Detido en Boiro un home por venda de cocaína

A Garda Civil do Posto Principal de Boiro detivo a un veciño da localidade como presunto autor dun delito contra a saúde pública tras ser sorprendido vendendo cocaína na vía pública. A investigación iniciouse grazas a comunicacións anónimas recibidas, que alertaban...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Eu vi a árvore chorar” – Manuel Domínguez

“Eu vi a árvore chorar” – Manuel Domínguez

Eu vi a árvore chorar. Em honra da verdade choramos juntos. E entre lágrimas e balbucios de palavras, mesmo entendendo porque ele estava chorando, perguntei a ele. Ele não estava chorando pela fruta perdida, podiam ser maçãs, laranjas, neste caso eram pinhas, pinhas...