Setenta fogares súmanse en Boiro ao programa de Compostaxe Doméstica do Concello

02 Decembro 2022

O Concello de Boiro, a través da Concellería e Medio Ambiente, segue a fortalecer o seu programa de Compostaxe Doméstica que comezou no ano 2019 e no que participan xa máis de 200 vivendas unifamiliares do municipio. Os novos participantes neste programa asistiron este xoves primeiro de decembro a unha xornada formativa sobre o uso dos composteiros, na que participou o concelleiro de Medio Ambiente, Raúl Treus, e o persoal técnico do departamento.

O Concello de Boiro adquiriu estes composteiros mediante unha subvención da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda para o financiamento de actuacións en materia de biorresiduos de competencia municipal, co-financiadas polo fondo europeo relativo ao Mecanismo de recuperación e resiliencia da UE no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationUE.

Estes setenta novos composteiros que foron entregados súmanse aos outros setenta que xa se entregaron no mes de setembro. Dende que comezou o programa de Compostaxe Doméstica do Concello de Boiro, son máis de 200 as vivendas unifamiliares do municipio que se sumaron a esta iniciativa e dispoñen xa nas súas casas dun composteiro.

Todas aquelas persoas que queiran participar poden anotarse no Departamento de Medio Ambiente do Concello de Boiro, a través do enderezo electrónico medioambiente@boiro.org ou no teléfono 981 37 75 85.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“¿Qué es la democracia?” – Manuel Domínguez

“¿Qué es la democracia?” – Manuel Domínguez

La democracia termina siendo el “gobierno de la mayoría” La decisión de la mayoría se considera la adecuada, la justa, es representativa de la sociedad, la mayoría decide y se acepta, considerando, que en ella reside el conocimiento. Ejemplos, si tuviéramos que...

“Ni sumisión ni servilismo” – José Antonio Constenla

“Ni sumisión ni servilismo” – José Antonio Constenla

El próximo 13 de diciembre, el coronel de la Guardia Civil, Diego Pérez de los Cobos cumplirá 61 años y pasará a la reserva, ya que debido a las trabas y obstáculos del ministro del Interior, no ascenderá a general. En su discurso el Día del Pilar, Patrona del Cuerpo,...