“Pau e zanoria: así vai o burro polo rego”. Antón Luaces

08 Decembro 2022

España vai ser o principal país benefactor do instrumento financeiro da Comisión Europea co 21,1% do total do fondo e 1.220 millons de euros, aos que se sumarán 1.570 millóns máis  ao sumar esa cantitade a cofinanciación nacional. E se a primeira cantidade dirixida a respaldar a implementación da Política Pesqueira Comùn (PPC) durante o período 2021-2027, cuxa execución práctica comezará co ano novo, Galicia pode ter un papel principal no conxunto: será a comunidade autónoma máis beneficiada , con 366 millóns de euros (o 32,67% do total asignado a España).

Andalucía será a segunda comunidade no marco do fondo total adxudicado a España , con 152 millóns de euros, seguida de Canarias con 88 millóns; Euskadi, con 83 millóns; Cataluña, 55, e Comunidade Valenciana con 54 millóns;  Baleares con 93, Cantabria 15, Asturias 24 e  Murcia, 19.

O Programa Operativo Español desenvólvese no marco do Pacto Verde Europeo, da PPC,

As actuacións previstas para o vindeiro ciclo estarán encamiñadas, deste xeito, a manter a viabilidade da actividade pesqueira mediante a xestión sostible e a conservación dos ecosistemas mariños, o fomento dunha acuicultura sustentable e competitiva,  a modernización e dinamización da cadea de valor, o pulo da economía azul e o desenvolvemento das comunidades locais pesqueiras e acuícolas, principalmente a través dos Grupos de Acción Local (GAL).

A dixitalización, a innovación e a remuda xeracional son outros elementos fundamentais nestas formulacións conducentes, maioritariamente, ao meu criterio, a un estadío pesqueiro que pouco ou nada ten que ver co mantemento da frota e os postos de traballo que esta xera nas comunidades que, como é o caso de Galicia, tanto dependen da pesca.

Non é a que debuxan nos seus proxectos comunitarios a Galicia pesqueira  necesaria. Sábeo ben o Goberno e aínda mellor a Xunta.

Non todo se pode tapar con cartos. E menos cando nin con estes se solucionan os problemas.                                           

Outros artigos

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.