“Parar o desmantelamento do sector pesqueiro galego é ir contra Sinkevicius e Os Verdes”. Antón Luaces

05 Decembro 2022

Non hai volta de folla: se Galicia quere evitar o desmantelamento dun dos seus principais sectores produtivos (a pesca), non lle queda outra que enfrontarse con datos rotundos e evidencias determinantes á Comisión de Pesca, que decide, a aos prolíficos Verdes, que adoutrinan. Porque non son os barcos de pesca de fondo galegos nen a posta en práctica dun sistema pesqueiro que implica a todo un sector socioeconómico do que vive máis do 60%  dos habitantes do litoral deste territorio, os causantes dos estragos que constantemente denuncian os “verdes” e que o comisario Sinkevicius emprega para acusar a unha frota que pesca en augas atlánticas comunitarias e que non quere  máis defensas baseadas no Total Admisible de Capturas (TAC) a partir e o criterio de estabilidade relativa para o reparto entre os países membros a partir da aplicación dun sistema de reparto empregado dende vai trinta anos.

Agora está en xogo a pesca de fondo e a  veda imposta a esta pola Comisión Europea en 87 áreas situadas entre o golfo de Cádiz e as augas de Irlanda. O veto a este tipo de pesca nesas áreas vai ser revisado dentro de, aproximadamente, un mes. E o mantemento desta prohibición de pesca imposto polo comisario de Medio Ambiente, Océanos e Pesca -conceptos estes que sempre chocan frontalmente polos intereses que cada un deles defende- Virginjus Sinkevicius (co evidente agrado dos ecoloxistas) colisiona cos plans da maioría dos estados membros da UE, como se pon de manifesto na súa negativa a facilitar a CE os datos e formulacións comunitarias de seu solicitadas para que siga a haber pesca e pescadores, termos estes que máis semellan ser  unha amenaza que un desexo de achegamento a unha solución.

Sinkevicius nunca fala de ata que punto o sistema de pesca ata o de agora  empregados para pescar e, ao mesmo tempo, coidar os caladoiros é ou non mellor que o que el e os seus “socios” verdes pretenden aplicar para dar una mellor resposa. Insisten, a máis,  na necesidade de prohibir o arrastre e así o manifestan no plan de acción que o Parlamento Europeo vai implantar o vindeiro ano, Xaneiro será o mes da revisión do plan de vedas nesas 87 zonas específicas do Atlántico europeo. Do resultado deste plan talvez dependa a permanencia ou non como eurocomisario do lituano Sinkevicius.

Outros artigos

“Estratexias kafkianas” – José Manuel Pena

Despois de tantos anos de período democrático e de liberdades en España, queda de manifesto que o espírito da transición durou o xusto e necesario para que se producise unha amnistía xeral de todos os crimes cometidos durante as catro décadas da ditadura militar...

+

“Na memoria da veciñanza”. Luís Celeiro

Ela pensaba que morría aquela mesma noite. Despídese das amizades, dos poucosfamiliares que lle quedaban, vai ao refuxio dos animais abandonados e dálle un bico a cadaun dos cadelos e a algunha das cadelas que moraban naquel espazo cheirento, naquel lugarque fedía e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Parar e reflexionar. Continuar ou renunciar?” – Antón Luaces

“Parar e reflexionar. Continuar ou renunciar?” – Antón Luaces

Nunca vivimos na España democrática posterior ao franquismo unha situación semellante: un presidente do Goberno, elixido pola maioría -exígua, pero maioría- do Congreso dos Deputados formula o que, para min, non é outra cousa que o plebiscito ou refrendo público para...

“La derecha no muerde”. José Castro López

“La derecha no muerde”. José Castro López

Hace un año, el presidente Sánchez cumplimentó a Giorgia Meloni, jefa del Gobiernode Italia, en visita protocolaria. Ambos intercambiaron palabras amables y elogiosmutuos -diplomacia de libro-, hablaron de problemas comunes, como la inmigración -curiosamente ahora...