O programa de lecer, cultura e deportes inclusivos de Ambar foi posíbel grazas ao financiamento do IRPF xestionado por COGAMI

19 Decembro 2022


A Asociación Ambar das persoas con diversidade funcional puido realizar o seu programa de lecer,
cultura e deportes inclusivos. Este proxecto, informou a asociación no seu balance desta recta final de ano, é posíbel co co-financiamento da Xunta de Galicia a través dos fondos do 0.7% do IRPF xestionado dende COGAMI.

O obxectivo é “promover da inclusión social das persoas con diversidade funcional a través de actividades deportivas e de ocio, creando ademais oportunidades de convivencia con outras persoas e axentes da comunidade”.

Segundo informou AMBAR, o proxecto xurdiu “da necesidade de afondar na inclusión dende a perspectiva da cohesión social entre diferentes axentes, fomentando a autonomía das persoas no seu entorno próximo e evitando que se institucionalice a persoas con diversidade en actividades illadas”. Por esa razón, o proxecto xira a través da participación tanto de persoas novas coma doutros membros da comunidade “fomentando así as relacións sociais e o apoio mutuo”.

Ambar conseguiu, a través deste programa, beneficiar a 221 persoas, e tamén promocionar a inclusión das persoas con diversidade funcional a través de actividades deportivas, de ocio e inclusión social, polo que aumentaron a súa autonomía e oportunidades de interacción social. Leváronse a cabo distintas actividades actividades de vela, estancias de campamento, saídas de ocio e visitas zonas do patrimonio cultural e marítimo da contorna.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.