O luns Galicia quedará na influencia das baixas presións co paso dunha fronte activa asociada a unha borrasca situada ao noroeste do territorio. Así, os ceos estarán cubertos, con chuvias xeneralizadas, máis intensas durante a mañá no sur e oeste da Comunidade. A partir do mediodía quedaremos na zona de chuvascos. As temperaturas ascenderán de xeito notable debido á retirada do aire frío de xornadas pasadas. O vento soprará forte do suroeste.
Atención para luns: Precipitacións persistentes na metade oeste do territorio e na franxa atlántica poderían vir acompañadas de tormenta. Vento forte do suroeste en terra, con refachos moi fortes en zonas altas. Vento moi forte no mar, especialmente entre o Golfo Ártabro e Estaca de Bares.
| Temperatura do aire (°C) | MINMAX 11° 17° |
| Temperatura da auga (°C) | 17° |
| Índice ultravioleta máx. | 1 |

O NOSO MAR: Vento do sur á mañá e do sudoeste á tarde e á noite, forza 6 a 7 á mañá, 5 a 6 á tarde e 4 a 6 á noite. Media vaga á mañá e forte marusía á tarde e á noite. Visibilidade mala. Mar de fondo do sudoeste, con ondas de 3.5 a 4.5 metros á mañá e 4 a 5 metros á tarde e á noite.
Mareas
| Muros | ||
|---|---|---|
| Hora* | Altura | |
| Preamar | 06:10 | 3.4 m |
| Baixamar | 12:28 | 1.1 m |
| Preamar | 18:35 | 3.0 m |
| Vigo | ||
|---|---|---|
| Hora* | Altura | |
| Preamar | 06:01 | 3.3 m |
| Baixamar | 12:20 | 1.1 m |
| Preamar | 18:27 | 3.0 m |
| Vilagarcía | ||
|---|---|---|
| Hora* | Altura | |
| Preamar | 06:07 | 3.3 m |
| Baixamar | 12:26 | 1.1 m |
| Preamar | 18:32 | 3.0 m |
Cámaras web da comarca (algunha pode nun funcionar puntualmente)



