O Concello de Porto do Son celebrou este Nadal un certame moi creativo que buscou engalanar a vila e as parroquias: o Concurso de Nadal de Iluminación Exterior de Vivendas. O certame veu con premios para as mellores tres propostas: unha cesta de Nadal valorada en 150 euros, unha cesta de Nadal de 100 euros e un lote de produtos de Nadal valorado en 50 euros. Finalmente as persoas premiadas foron as seguintes:
-José Manuel Santamaría Castro. Cesta de Nadal valorada en 150€
-Luz Divina González Maneiro. Cesta de Nadal valorada en 100€
-Jennifer Bazarra Outeiral. Lote de Nadal valorado en 50€
As inscricións ficaron abertas até o día 16. Para participar foi preciso que as veciñas e veciños enviasen un vídeo no que se apreciase toda a decoración e iluminación das vivendas participantes. Participaron persoas veciñas de Porto do Son que decoraron o exterior dos seus domicilios situados no termo municipal coa iluminación e/ou os motivos de Nadal (apreciábeis dende a vía pública).