O Concello de Boiro abre o proceso para incrementar o servizo municipal de emerxencias

19 Decembro 2022

O Concello de Boiro convocou procesos selectivos para a confección de listas de contratación de oficial e peón para o Servizo Municipal de Emerxencias. O sistema de acceso será mediante concurso-oposición libre e os contratos de traballo formalizaranse baixo a modalidade contractual laboral temporal que “se considere axeitada para o caso de substitucións, ausencias e/ou reforzos”, informou o Concello.

Dende o Consistorio engaden que as persoas candidatas “deben cumprir unha serie de requisitos xerais para ambas as dúas convocatorias como ter a nacionalidade española, ter cumpridos os 16 anos, posuír as capacidades funcionais para o desempeño das tarefas propias do posto, non atoparse incurso en causas de incompatibilidade, non ser despedido mediante expediente disciplinario do servizo de ningunha administración pública”.

Ademais, cada un dos postos ten uns requisitos específicos. No caso de peón debese estar en posesión do titulo ou certificado de escolaridade, estudos primarios ou, como mínimo, 2º da ESO. No caso do proceso de oficiais, débese estar en posesión do título de graduado en educación secundaria obrigatoria, graduado escolar ou equivalentes e estar en posesión do permiso de conducir tipo C.

O prazo de presentación de solicitudes para participar deste proceso selectivo será de cinco días hábiles a contar dende este martes. As bases da convocatoria e o modelo de instancia que se debe presentar no Rexistro Xeral ou sede electrónica do Concello de Boiro están a disposición das persoas interesadas na web municipal.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Un jarro de agua fría” – Manuel Domínguez

“Un jarro de agua fría” – Manuel Domínguez

La pregunta me cayó como un jarro de agua fría. ¿Mamá tú también te vas a morir? El abuelito, para él era dios, era todo, era su mejor juguete, le adoraba, pero un día el abuelo marchó, ya nunca más jugarían juntos. La pérdida era dolorosa, y si perdiese a su mama,...

“Pasaba por aquí, da man de Tanxugueiras” – Antón Luaces

“Pasaba por aquí, da man de Tanxugueiras” – Antón Luaces

Hei confesar -e confeso- que o canto do grupo galego Tanxugueiras ten para min, que gozo coas boas voces no eido musical, un atractivo moi especial. Particularmente a canción titulada "Pasaba por aquí", interpretada en castelán, que non é propia delas senón de Luis...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.